Pesquisar neste blog

04 janeiro, 2014

O Alcalde, o Apalpador e o escritor Xabier López no primeiro programa do ano


Ponte en Galego! comeza o ano cunha entrevista de Carlos Mosqueira ao alcalde Gabriel Torrente, que fai un repaso ao conflito dos praceiros recentemente sucedido na vila. O Apalpador, entrevistado por Carlos Ares, defende as tradicións populares galegas, alértanos contra o consumismo e anímanos a consumir ecolóxico. Xabier López, betanceiro e Premio Xerais 2012, presenta en Pontedeume a súa novela Cadeas. Delia Fraga entrevista ao organizadores das celebracións de Reis na parroquia de Nogueirosa.

02 janeiro, 2014

Ábrete de orellas recupera álbumes de 2013 previos ao seu regreso ás ondas


Descargar o audio

Sen entrar nese circo das listaxes de mellores cancións e álbumes do ano que remata, quixen despedir o ano programando cancións de discos de 2013 que aínda non sonaran no programa.


Como é habitual, propuxen folque, pop, rock ... en galego e castelán, mais desta vez tamén recitados de poemas (Manuel María e Celso Emilio Ferreiro) e por primeira vez repetín unha canción. Un par de recomendacións para concertos tamén caeu.
  • Luis Gago y la Banda del Mal Nombre "Canción para Navidad"
  • Nicolás "Ojos gris metalizado"
  • Combo Dinamo "Hoy no iba a bajar" 
  • Uxía "Bando"
  • Lapido "La ciudad que nunca existió"
  • Los Radiadores "No me achantaré"
  • Julio de la Rosa "Un corazón lleno de escombros"
  • Uxía "Aínda teño a esperanza"
  • Budiño con Luis Tosar "Hoxe cantó en Libertá"
  • Radio Cos "Ven bailar Carmiña"
  • Magín Blanco "Todos somos capitáns"
  • Uxía "Carné de identidade"
  • Uxía "Manual de señorito"
  • Grampoder "Porcos" 
  • José Feliciano "Che sara" 

Pepe Cunha, 2-xaneiro-2013

27 dezembro, 2013

OFF MENTAL (a cara "B" da música") programa 57

Hans-Joachim Roedelius e o seu gato.

Sexto achegamento ao selo francés de música avanzada de finais dos 70´s, Egg Records.
  • HANS-JOACHIM ROEDELIUS - Jardin au Fou (Egg Records, 1979).
       - Fou Fou.
       - Toujours.
       - Rue Fortune.
       - Gloria Dolores.
       - Schöne Welt.
  • CONRAD SCHNITZLER - Con (Egg Records, 1978).
       - Electric Garden.
       - Zug.
       - Metall I.
       - Ballet Estatique.

+ info sobre Conrad Schnitzler e Cluster: Programa 15
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol) & Rádio Kalimera (Compostela).
 + info: http://offmental.blogspot.com 

26 dezembro, 2013

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 79 17.12.2013




DE LO MEJOR DEL AÑO
Las últimas hojas del calendario, como las de los árboles, caen inexorablemente estos días. Es pues buen momento para hacer recapitulación de lo que ha sido el año en el programa, de la mano de algunos de los mejores temas que en él han sonado.
Sin embargo, tal vez algunas de las mejores olas están todavía por surfear, desde la potencia de La Machacona o San Jorge a la amabilidad y longitud del Barquero o El Pedrido (precioso festival el Onda Longa). Esta es la incomparable riqueza que tenemos en Galicia... que las disfrutes hasta el último segundo, hasta el último metro!

25 dezembro, 2013

concertos e novidades dominan o XI programa de Ábrete de orellas, 24/12/2013


Descargar o audio

Nestas datas, e máis aínda emitindo o 24 de decembro, Ábrete de orellas tiña que facer unha concesión musical. Porén, esta foi pracenteira pois tirei do "Father Christmas" que editaran The Kinks alá polo 1977; si, cando o punk, e precisamente a letra traducida tenche un notábel contido social.
Como é habitual, confeccionei a escolma musical do programa cun ollo posto na axenda de concertos e as novidades discográficas que chegan á redacción orelluda.

Así, polo primeiro motivo elixín cancións de Siniestro Total, Hendrik Röver, Xoel López , Sés ou Trampoline, mentres que polo segundo soaron Sondeseu, Kepa Junkera coa Banda das Crechas e Davide Salvado, Kepa Junkera con Cristina Pato, Couple Coffee no disco CoraSons e Combo Dinamo.

Os anacos instrumentais habituais no programa estiveron protagonizados polos Transilvanians e o clásico por Ella Fitzgerald. Con esta última anunciei a miña pinchada na Casa das Crechas o venres 27. Se vos coincide por alí, bailarémosnos.

A relación de contidos detallada e a mención ás seccións está no blog orelludo.


Que teñades unhas boas festas,

Pepe Cunha, 25 de decembro, 2013.

23 dezembro, 2013

Já estam a soar em Rádio Filispim "A boa onda" e "Galegas de cá e de lá"




Estes dez microespaços foram realizados pelos alunos e alunas de português da EOI de Ferrol do nível Intermédio Integrado no ano académico 2013-14 para serem emitidos em Rádio Filispim. Consistem em pequenas pílulas sonoras que apresentam diversas músicas dos países do mundo da lusofonía.



Galegas de cá e de lá é uma coleção de dez pequenos espaços sonoros de divulgação de vultos e pessoas interessantes da nossa cultura, realizados pelos alunos e alunas de português da EOI de Ferrol do nível Avançado 2 no ano académico 2013-14, a fim de serem emitidos nas ondas filispinianas.

"Galegas de cá e de lá" e "A boa onda" são emitidos na continuidade filispiniana. Fiquem atentos para escutarem assim de imprevisto estes espaços e mergulhemos mais um pouco na nossa língua comun.

21 dezembro, 2013

Novos espazos no Ponte en Galego nº 25


Esta vez son as rapazas e os rapaces de 1º de ESO B quen analizan a situación do idioma na vila de Pontedeume e propoñen vías para a súa revitalización. Nesta nova edición de Ponte en Galego celebramos o primeiro aniversario do programa e incluímos novos espazos sobre libros, a cargo de Sara Alleguegastronomía portuguesa, da man de Diogo Mesquita, e as crónicas dos encontros do Balonmán Pontedeumenarradas por Carlos Ares. Finalmente, o grupo de teatro Arjé comeza a desvelar a súa próxima obra.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]