Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

25 dezembro, 2013

concertos e novidades dominan o XI programa de Ábrete de orellas, 24/12/2013


Descargar o audio

Nestas datas, e máis aínda emitindo o 24 de decembro, Ábrete de orellas tiña que facer unha concesión musical. Porén, esta foi pracenteira pois tirei do "Father Christmas" que editaran The Kinks alá polo 1977; si, cando o punk, e precisamente a letra traducida tenche un notábel contido social.
Como é habitual, confeccionei a escolma musical do programa cun ollo posto na axenda de concertos e as novidades discográficas que chegan á redacción orelluda.

Así, polo primeiro motivo elixín cancións de Siniestro Total, Hendrik Röver, Xoel López , Sés ou Trampoline, mentres que polo segundo soaron Sondeseu, Kepa Junkera coa Banda das Crechas e Davide Salvado, Kepa Junkera con Cristina Pato, Couple Coffee no disco CoraSons e Combo Dinamo.

Os anacos instrumentais habituais no programa estiveron protagonizados polos Transilvanians e o clásico por Ella Fitzgerald. Con esta última anunciei a miña pinchada na Casa das Crechas o venres 27. Se vos coincide por alí, bailarémosnos.

A relación de contidos detallada e a mención ás seccións está no blog orelludo.


Que teñades unhas boas festas,

Pepe Cunha, 25 de decembro, 2013.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails