Ponte en Galego! comeza o ano cunha entrevista de Carlos Mosqueira ao alcalde Gabriel Torrente, que fai un repaso ao conflito dos praceiros recentemente sucedido na vila. O Apalpador, entrevistado por Carlos Ares, defende as tradicións populares galegas, alértanos contra o consumismo e anímanos a consumir ecolóxico. Xabier López, betanceiro e Premio Xerais 2012, presenta en Pontedeume a súa novela Cadeas. Delia Fraga entrevista ao organizadores das celebracións de Reis na parroquia de Nogueirosa.
Nenhum comentário:
Postar um comentário