Pesquisar neste blog

13 dezembro, 2013

DIVERTIMENTO - Especial "Ley Seguridad Ciudadana", Xornada de Lactancia de BBTTA no ATeneo e contacto cos Praceirxs de Pontedeume.

DIVERTIMENTO para pequenos monstros, do venres 13 de decembro de 2013. Dúas horas de monstrosos contiudos...
  • Especial "LEY DE SEGURIDADE CIUDADANA", a Lei da Mordaza. Todo o que tes que saber da Lei Mordaza, o non vai máis no recortes das liberdades do PP. Coa participación de Meli Criado, Paki López e Pedro Ferrández.
  • Conexión con Carmen, voceira dos PRACEIROS DE PONTEDEUME que hoxe venres 13 de decembro, tras 42 días (coas súas noites), levantan o campamento na rúa, mais seguen ninguneadxs polo Alcaide de Pontedeume, o "popular" Torrente, o brazo tonto do PP eumés. + info: htps://www.facebook.com/groups/1388530921387094/?ref=ts&fref=ts
Presenta e conduce: Pequeno Monstro.
Emiten: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) e Cuac FM, 103,4 (A Coruña), emisoras libres e comunitarias na Galiza.

12 dezembro, 2013

OFF MENTAL (a cara "B" da música) programa 56

Stomu Yamashita (Red Buddha. Egg Records, 1972)
Quinto achegamento ao selo francés de música avanzada de finais dos 70´s, Egg Records.
  • CHRISTIAN VANDER - Wurdah Ïtah (BSO Tristan et Iseult. Egg Recods, 1971).
- Waïnsaht!!!.
- Wlasïk Steuhn Kobaïa.
- Sëhnntëht Dross Wurdah Süms.
- Ëk Sün da Zëss.
- De Zeuhl Ündarïz.

  • STOMU YAMASHITA - Red Buddha (Egg Records, 1972) *
- As Expanding as.
  • VANGELIS - Entiends-Tu Les Chiens Aboyer? (BSO Ignacio, Egg Records, 1975)
- Entiends-Tu Les Chiens Aboyer? (extracto).

Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol) & Rádio Kalimera (Compostela).


(*) Pouco despois da edición do álbum Red Buddha, Stomu Yamashita adapta a ideia para a xira europea denominada The man From The East, teatro visual de tradición nipona "contemporanizado" por Stuma para a ocasión...

A Fábrica de Lus vol. 21: cooperación internacional: colonialismo ou solidaridade

Falamos da cooperación no terceiro mundo, do enfoque que teñen os voluntarios e profesionais, da dependencia que xera, e dos intereses políticos e económicos que hai detrás. Contamos no estudo coa presenza de Efrén e Antía, que teñen traballado recentemente en São Tomé e Timor Leste, vía telefónica de Chusa, voluntaria nun proxecto do Fondo Galego de Cooperación en Cabo Verde, e coa opinión de Xan López.

Estupenda resposta na Folga de 48 h. contra o desmantelamento da Sanidade Pública en Galiza.


Mlleiros de persoas nas rúas de Ferrol como colofón aos dous días de folga na Sanidade Pública Galega.

Entre as reivindicacións da folga de 48 horas, do pasado 9 e 10 de decembro, están as de carácter laboral mais tamén as que tocan de perto á cidadanía en xeral, coma a xa máis ca evidente perda do dereito á sanidad pública, gratuita, universal e de calidade no SERGAS, organismo que xestiona a sanidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia.

A implantación do "re-pago" de medicamentos, a eliminación de postos de trabalho debido ás taxas de reposición das vacantes de tan só o 10%,  a privatización da sanidad pública, os contratos precarios, o incremento das listas de espera, os recortes salariais e a pérdida de dereitos laborais dos profesionais da sanidade, foron outras das razóns da folga.

En Ferrolterra, a folga tivo o maior seguimiento de toda Galiza. Na manifestación de Ferrol, coreáronse consignas coma: "Por riba de enfermar fannos repagar", “Sanidade pública e de calidade” ou "Feijóo, entende, a saúde non se vende!!!".

A convocatoria que contou co apoio de case todos os sindicatos e moitos colectivos sociais e do sector, non contou co apoio da UGT e, como non podía ser doutro xeito, foi avaliada coma de baixa incidencia e cualificada de "folga política",  polo dereitista Goberno da Xunta e o conxunto da reacción no noso pais.


Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

11 dezembro, 2013

O Recuncho nº 167


Mércores, 11 de decembro de 2013, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 167 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Comentarios e temas de actualidade: A Folga da Sanidade e outros.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Una familia de Tokio ”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Constantino Cavafis
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Milena Mercouri
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

Novas Locais. "Ley de Seguridad Ciudadana", máis madera...

No trancurso do programa de Rádio FilispiM, O Recuncho (Colectivo Fuco Buxán), Javier Losada, integrante de "El Militante" (sección crítica dentro das CC.OO), reflexiona ao respeito da autodenominada "Ley de Seguridad Ciudadana" que vai impór o Goberno absolutista do dereitista PP no Estado español ao través do seu "Ministerio do InTerror", nunha nova volta de torca aos dereitos fundamentais propio dun estado fascista, cunha "casta" no poder cuxa referencia política máis socorrida é a do franquismo. 


Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

Ábrete de Orellas volve as ondas da Rádio FilispiM.

O portal Ábretedeorellas.com cumpriu o seu X aniversario e pensei que sería un bo momento de regresar ás ondas cunha das propostas primixenias de Rádio FilispiM.

Coincidindo coa tempada 2013-2014 anímome a recuperar, gravar e emitir en directo unha versión radiofónica que esta semana cumpre o noveno programa. Espero non defraudar a quen cos vosos comentarios me animastes a volver.


Os martes de 18:30 a 19:30 h ocupo o estudio filispiniano para presentar unha escolla musical confeccionada coa menor dose de prexuízos que poda e con especial atención ao que se coce no país. Propóñovos abrirmos as orellas para repasar algúns dos concertos que teñen lugar por Galiza e recibir as novidades discográficas que me chegan, do país e de fóra. Completamos a selección de cancións con recordos musicais e pezas que puideron quedar agochadas na voráxine dos tempos e as modas que van pasando.


En abretedeorellas.blogspot.com irei colgando os contidos e ás ligazóns ao podcast para quen queira escoitar a través da Internet.

Polo momento, ademais de Rádio FilispiM para a Terra de Trasancos, a emisora comunitaria CUAC FM redifunde Abretedeorellas para a área urbana da Coruña. Velaquí os horarios:

Rádio FilispiM:
  • xoves, 18:30 h. 
  • mércores, 15:00 h. 
  • venres, 7:00 h. 
Cuac FM:
  • xoves 16:00 h. 
  • sábados, 14:00 h. 
Saúdos orelludos,

Pepe Cunha


+ info: blog de abretedeorellas  /  podcast  /  facebook  /  portal de internet

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]