Coincidindo coa tempada 2013-2014 anímome a recuperar, gravar e emitir en directo unha versión radiofónica que esta semana cumpre o noveno programa. Espero non defraudar a quen cos vosos comentarios me animastes a volver.
Os martes de 18:30 a 19:30 h ocupo o estudio filispiniano para presentar unha escolla musical confeccionada coa menor dose de prexuízos que poda e con especial atención ao que se coce no país. Propóñovos abrirmos as orellas para repasar algúns dos concertos que teñen lugar por Galiza e recibir as novidades discográficas que me chegan, do país e de fóra. Completamos a selección de cancións con recordos musicais e pezas que puideron quedar agochadas na voráxine dos tempos e as modas que van pasando.
En abretedeorellas.blogspot.com irei colgando os contidos e ás ligazóns ao podcast para quen queira escoitar a través da Internet.
Polo momento, ademais de Rádio FilispiM para a Terra de Trasancos, a emisora comunitaria CUAC FM redifunde Abretedeorellas para a área urbana da Coruña. Velaquí os horarios:
Rádio FilispiM:
- xoves, 18:30 h.
- mércores, 15:00 h.
- venres, 7:00 h.
- xoves 16:00 h.
- sábados, 14:00 h.
Pepe Cunha
+ info: blog de abretedeorellas / podcast / facebook / portal de internet
Nenhum comentário:
Postar um comentário