Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

12 dezembro, 2013

Estupenda resposta na Folga de 48 h. contra o desmantelamento da Sanidade Pública en Galiza.


Mlleiros de persoas nas rúas de Ferrol como colofón aos dous días de folga na Sanidade Pública Galega.

Entre as reivindicacións da folga de 48 horas, do pasado 9 e 10 de decembro, están as de carácter laboral mais tamén as que tocan de perto á cidadanía en xeral, coma a xa máis ca evidente perda do dereito á sanidad pública, gratuita, universal e de calidade no SERGAS, organismo que xestiona a sanidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia.

A implantación do "re-pago" de medicamentos, a eliminación de postos de trabalho debido ás taxas de reposición das vacantes de tan só o 10%,  a privatización da sanidad pública, os contratos precarios, o incremento das listas de espera, os recortes salariais e a pérdida de dereitos laborais dos profesionais da sanidade, foron outras das razóns da folga.

En Ferrolterra, a folga tivo o maior seguimiento de toda Galiza. Na manifestación de Ferrol, coreáronse consignas coma: "Por riba de enfermar fannos repagar", “Sanidade pública e de calidade” ou "Feijóo, entende, a saúde non se vende!!!".

A convocatoria que contou co apoio de case todos os sindicatos e moitos colectivos sociais e do sector, non contou co apoio da UGT e, como non podía ser doutro xeito, foi avaliada coma de baixa incidencia e cualificada de "folga política",  polo dereitista Goberno da Xunta e o conxunto da reacción no noso pais.


Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails