Pesquisar neste blog

09 dezembro, 2013

80 Vinilos/h (prog. 59) - Enciclopedia Musical Estatal 80s - Vol.16

Dulce Venganza (Sevilla)

Edición nº 59 de 80 Vinilos/h.

- Volume nº 16 da Enciclopedia Musical Estatal dos 80s,
de DOSSIER NEGRO  á   EJECUTIVOS AGRESIVOS.

Contido:
  • DOSSIER NEGRO:
 - Paseando (Sg. No hay color. 1984).
  • Dr. LIVINGSTONE, SUPONGO (con David Summers):
 - Se han apagado las luces (Lp. Simplicisimus, 1991).
  • DULCE VENGANZA:
 -  Tengo un hipopótamo en la bañera (Maxi. Quiero matar..., 1983)
 -  Dunas (Maxi. Sadomasodiscoshow, 1984).
 -  Te espero en California (Single, 1987).
  • DUNCAN DHU:
 - Sueño Escoces (Lp,Canciones 1986).
 - Revolución (Lp,Canciones 1986).
 - Esperaré a que se esconda el sol (Lp,Canciones 1986).
  • EDISON:
 - Mi guitarra me engaña con otro (Single, 1981).
 - Rock del diario hablado (Single, 1983).
  • EJECUTIVOS AGRESIVOS (Paco Trinidad, Jaime Urrutia, Carlos Entrena & Poch):
 - Lo hice por ti (Lp. Maquetas, 1986).
 - En mi casa (Lp. Maquetas, 1986).
 - Hay pelea (Lp. Maquetas, 1986). 

Conduce e apresenta: Pequeno Monstro.
Emite: Rádio FilispiM, 93.9 FM
+ info: http://80vinilos.blogspot.com

07 dezembro, 2013

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 77 3.12.2013




LAS NOCHES DEL PANTÍN CLASSIC (segunda entrega)

Cuando llega el atardecer, cuando cae la noche en Pantín, cuando, agotados pero felices, tomamos la última cerveza del día –la mejor- con Gusse, cuando las parejas, por fin, dejan de mirar a las olas y se miran a los ojos… el rock desaparece y da paso a otras músicas muy diferentes, desde luego más tranquilas y sugerentes. Es la hora de la new age, del minimalismo, del chill out y otros tipos de música imposibles de etiquetar.

El rumor de las olas y la brisa nocturna se mezclan con los 8.000 watios de potencia cargados de las emociones que generan artistas como David Antony Clark, Synthesis, Suzanne Ciani, Pulp, Wim Mertens, Kitaro, Claire Pelletier, Michael Nyman y Nightnoise, todos ellos presentes en esta segunda entrega de una serie de programas dedicados a las noches en Pantín.

Luego…el silencio, las luces de seguridad, algunas sombras de dos en dos por las dunas…pero de algunas furgos del parking surgen risas multinacionales y muy buena música…rock&roll, claro. Sonreímos, mañana volveremos a Pantín, mañana los veremos surfeando nuestras olas, que también son suyas…o es que el mar tiene propietarios?

 

06 dezembro, 2013

Manuel, Rivas, Uxía Senlle, Os da Ría, Margarita Ledo, Eva Veiga e e Mesa pola Normalización Lingüïstica no PEG nº 24


A presenza do Ponte en Galego no Culturgal (feira das industrias culturais galegas) serviunos para presentar en sociedade o programa e o libro do aniversario, e tamén para facer unhas cantas entrevistas: a Manuel Rivas antes das manifestacións do NUNCA MÁIS do 1 de decembro, a Uxía Senlle sobre o seu proxecto CoraSons e á singular parella de cómicos Os da Ría.
Estivemos presentes na estrea eumesa do filme A cicatriz branca e entrevistamos a directora Margarita Ledo e a Eva Veiga, protagonista principal. Tamén entrevistamos telefónicamente a Paulo Filgueiras, membro da Mesa pola Normalización Lingüística, que comentou a súa posición sobre os recentes actos de discriminación da nosa lingua polo goberno central.

05 dezembro, 2013

O Recuncho nº 166


Mércores, 4 de Decembro de 2013, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 166, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Manuel Rodríguez Carballeira e Rafael Pillado Lista, Presidente e Vicepresidente de Fuco Buxán, para facer unha análise da situación socio-política actual e da crise do Naval.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Ferrol esixe solucións ”
Na “Sección Poética”: Agustín García Calvo
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Chicho Sánchez Ferlosio, Amancio Prada e outros.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

04 dezembro, 2013

Novas Locais. FOTOGRAFIAS SONORAS, Manifestación 01/12/2103, Ferrol.


Manhá do domingo 1 de decembro de 2013. Vai friaxe en Ferrol, mais está despexado. O que non semella tan claro é o futuro que se cerne sobre a Comarca de Ferrolterra, unha negra sombra alimentada polas erráticas e malintencionadas políticas e por aqueles que as consinten... Mais, a poboazón de Ferrol e Comarca non perdeu a dignidade e, unha vez máis, tomou as rúas nunha xornada especialmente reividicativa e dura. Manhá non haberá traballo. A equipa de Informativos de Rádio FilispiM colleu un micro, vontade e realizou ista serie de fotografias sonoras con voces ben diversas, non só as das "grandes siglas", senón as das pequenas organizacións e, sobre todo, as voces da xente, persoas humanas con voz propia. Isto foi o que aconteceu...

Recortes sonoros (1). Manifestación - Ferrol 01/12/2013:
1. Praza Inferninho. Antes de partir, mulher comprometida.
2. Comeza a manifestación, dúas mozas de 18 anos.
3. Estrada Castela, dous xubilados no naval.
4. Perto de Praza España, nai trintañeira con neno pequeno.



Recortes sonoros (2):
1. Perto de Praza Espanha, tres xubilados.
2. Praza Espanha. Bruno, Nos-UP.
3. Praza Espanha. Nai e filla, 38 e 51 anos.



Recortes sonoros (3):
1. Rúa do Sol. Pepe Leira, Sociólogo e profesor universitario do Campus de Ferrol.
2. Os reporteiros da FilispiM avalliando a manifestación, a pé de micro.



Recortes sonoros (4):
1. Rua do Sol. Trabalhadora dun Restaurante ás portas do negocio vendo pasar a marea humana.
2. Rua do Sol a altura da Praza de Armas. Visión da manifestación dos reporteiros de Rádio FilispIM.
3. Praza de Armas, Manolo Cendán - PSOE-Ferrol



Recortes sonoros (5):
1. Praza de Armas, rapaza 32 anos.
2. Senhora que vai en direccion contraria a manifestación.
3. Joam Lopes. CIG Admón-Ferrol.
4. Senhora que vai en dirección contraria a manifestación (reprise).



Recortes sonoros (6):
1. - Praza de Armas. Xuventudes Comunistas, Jacobo e Begoña.
2. - Escadas da Praza de Armas. Plataforma Nunca Máis, Nes.



Recortes sonoros (7):
1. Praza de Armas, rapaz e rapaza 18 anos.
2. Escadas Praza Armas, Victor Ledo, Secretario General Federación de Industria CCOO.



Recortes sonoros (8):
1. Praza de Armas, rapaza 32 anos.
2. Praza de Armas.  Xabi. CNT Ferrol,



Recortes sonoros (9):
1. Praza de Armas, fin manifestación. Ibán Rivas, BNG Ferrol.
2. Praza de Armas. Jorge Suárez. EU-IU Ferrol.



Recortes sonoros (10):
1. Rematada a manifestación, ao pé das escadas da Praza de Armas. Jorge Porto, El Militante.



Recortes sonoros (11):
1. Estrada de Castela, perto da Praza Espanha. Tres xubilados indignados.
2. Muller con presas en dirección contraria a manifestación.
3. Praza de Armas, findou a manifestación. Nai nova co seu fillo de 6 anos.



Audios producidos polo grupo de Traballo de Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM (libre e comunitaria). Redacción Informativos.

03 dezembro, 2013

FilispiM Vai... ao Manchita Cosa

O Venres 29 de Novembro de 2013, o Colectivo OPAII - Rádio FilispiM, foi com o novo programa FilispiM Vai... ao curioso local ferrolám Manchita Cosa, onde entrevistamos a diversa "fauna" e nos acomp anhou o músico argentino Gabriel Guerramayor, duas horas de rádio desde o Manchita, nom o perdades.


01 dezembro, 2013

Novas Locais. Ferrolterra ESIXE solucións. Audios concentración `Noite Defuntos´.


Na noite do pasado venres 29 de novembro de 2013, milleiros de persoas achegáronse á Praza de Armas de Ferrol, `armados´ de cabazas e fachos, secundado a convocatoria da práctica totalidade dos sindicatos da comarca en defensa do Sector Naval e baixo a mesma bandeira e lema, Ferrolterra Esixe Solucións´. O obxectivo, unir as conciencias dun xeito simbólico, para facer fronte a Longa Noite de Pedra que se aveciña ante a nula carteira de pedidos dos Asteleiros da Comarca, como consecuencia da neglixente xestión dos responsábeis políticos. Daquela, compre mobilizarnos.

Tras desa noite reivindicativa, aínda vivas as sombras dos fachos acendidos e das formas amezantes da cabazas, todo está preparado para que este domingo 1 de decembro de 2013 conflúan, nunha mesma MANIFESTACIÓN, dúas luitas: a da defensa do Naval e a da indignación pola recente sentenza do Prestige. A manifestación, que se prevé multitudinaria, partirá este domingo as 12:30 h. da praza do Inferniño.

Dende os informativos de Rádio FilispiM, animámosvos a sair hoxe domingo á rúa e unirse a convocatoria, donde todas as siglas, colectivos e persoas marcharán cun mesmo obxectivo, como ciudadáns éticamente incombustíbeis non resignados.

Audio: tirado do video producido polo Colectivo Ártabra 21 e editado polo grupo de traballo de Informativos de RFM.



Pequeno Monstro, Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]