Pesquisar neste blog
Mostrando postagens com marcador Artabra 21. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Artabra 21. Mostrar todas as postagens
01 dezembro, 2013
Novas Locais. Ferrolterra ESIXE solucións. Audios concentración `Noite Defuntos´.
Na noite do pasado venres 29 de novembro de 2013, milleiros de persoas achegáronse á Praza de Armas de Ferrol, `armados´ de cabazas e fachos, secundado a convocatoria da práctica totalidade dos sindicatos da comarca en defensa do Sector Naval e baixo a mesma bandeira e lema, Ferrolterra Esixe Solucións´. O obxectivo, unir as conciencias dun xeito simbólico, para facer fronte a Longa Noite de Pedra que se aveciña ante a nula carteira de pedidos dos Asteleiros da Comarca, como consecuencia da neglixente xestión dos responsábeis políticos. Daquela, compre mobilizarnos.
Tras desa noite reivindicativa, aínda vivas as sombras dos fachos acendidos e das formas amezantes da cabazas, todo está preparado para que este domingo 1 de decembro de 2013 conflúan, nunha mesma MANIFESTACIÓN, dúas luitas: a da defensa do Naval e a da indignación pola recente sentenza do Prestige. A manifestación, que se prevé multitudinaria, partirá este domingo as 12:30 h. da praza do Inferniño.
Dende os informativos de Rádio FilispiM, animámosvos a sair hoxe domingo á rúa e unirse a convocatoria, donde todas as siglas, colectivos e persoas marcharán cun mesmo obxectivo, como ciudadáns éticamente incombustíbeis non resignados.
Audio: tirado do video producido polo Colectivo Ártabra 21 e editado polo grupo de traballo de Informativos de RFM.
Pequeno Monstro, Redacción Informativos de Rádio FilispiM.
Assinar:
Postagens (Atom)