Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Escoita! Rádio FilispiM Winamp, iTunes Windows Media Player Real Player TuneIn QuickTime VLC



01 dezembro, 2013

Novas Locais. Ferrolterra ESIXE solucións. Audios concentración `Noite Defuntos´.


Na noite do pasado venres 29 de novembro de 2013, milleiros de persoas achegáronse á Praza de Armas de Ferrol, `armados´ de cabazas e fachos, secundado a convocatoria da práctica totalidade dos sindicatos da comarca en defensa do Sector Naval e baixo a mesma bandeira e lema, Ferrolterra Esixe Solucións´. O obxectivo, unir as conciencias dun xeito simbólico, para facer fronte a Longa Noite de Pedra que se aveciña ante a nula carteira de pedidos dos Asteleiros da Comarca, como consecuencia da neglixente xestión dos responsábeis políticos. Daquela, compre mobilizarnos.

Tras desa noite reivindicativa, aínda vivas as sombras dos fachos acendidos e das formas amezantes da cabazas, todo está preparado para que este domingo 1 de decembro de 2013 conflúan, nunha mesma MANIFESTACIÓN, dúas luitas: a da defensa do Naval e a da indignación pola recente sentenza do Prestige. A manifestación, que se prevé multitudinaria, partirá este domingo as 12:30 h. da praza do Inferniño.

Dende os informativos de Rádio FilispiM, animámosvos a sair hoxe domingo á rúa e unirse a convocatoria, donde todas as siglas, colectivos e persoas marcharán cun mesmo obxectivo, como ciudadáns éticamente incombustíbeis non resignados.

Audio: tirado do video producido polo Colectivo Ártabra 21 e editado polo grupo de traballo de Informativos de RFM.



Pequeno Monstro, Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails