Pesquisar neste blog

30 novembro, 2013

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 76 26.11.2013


LAS NOCHES DEL PANTÍN CLASSIC
Cuando llega el atardecer, cuando cae la noche en Pantín, cuando, agotados pero felices, tomamos la última cerveza del día con Gusse, cuando las parejas, por fin, dejan de mirar a las olas y se miran a los ojos… el rock desaparece y da paso a otras músicas muy diferentes, desde luego más tranquilas y sugerentes. Es la hora de la new age, del minimalismo, del chill out y otros tipos de música imposibles de etiquetar.
El rumor de las olas y la brisa nocturna se mezclan con los 8.000 watios de potencia cargados de las emociones que generan artistas como Deep Forest, Yann Tiersen, Rodrigo Leao, Yanny, Philip Glass, Ghymes, Ryuichi Sakamoto o las múltiples músicas llegadas del Café del Mar, todos ellos presentes en esta primera entrega de una serie de programas dedicados a las noches en Pantín.
Luego…el silencio, las luces de seguridad, algunas sombras de dos en dos por las dunas…pero de algunas furgos del parking surgen risas multinacionales y muy buena música…rock&roll, claro. Sonreímos, mañana volveremos a Pantín, mañana los veremos surfeando nuestras olas, que también son suyas…o es que el mar tiene propietarios?

Praceir@s e radio desde as aulas no Ponte en Galego nº 23


Unha entrevista coa praceira Carmen desde o exterior do mercado de Pontedeume días despois do desaloxo do edificio polos antidisturbios, unha nova entrega da sección de gastronomía inglesa, unha apaixonada crónica da final do torneo de fútbol do IES Breamo e unha animada sesión radiofónica desde a aula de 1º ESO-A, na que os alumnos e alumnas expresan con moito senso a súa vontade normalizadora da lingua galega, compoñen esta nova edición do Ponte en Galego!


29 novembro, 2013

FilispiM Vai... ao Manchita Cosa. Iste venres 29 de novembro ás 20:00 h. Vés ti?

Iste venres continuará a situación anticiclónica en Ferrol, os ceos estarán pouco anubrados e as temperaturas non sofrerán cambios significativos, mais é unha previsión.
O que si é seguro é que “Rádio Filispim vai … ao Manchita Cosa”. O Colectivo Opaíí! emitirá iste venres 29 de novembro, un programa especial en vivo e directo entre as 8 e 10 da noite, que tinxirá o dial ferrolterráqueo de “manchitas” ben diversas...
O programa será gravado e retransmitido en directo ao través do 93.9 FM e vía streaming para todo o mundo. Ademáis, haberá música en directo. Que pasa?
Iste venres 29 de novembro, entre as 8 e as 10 da noite, vai ti saber que se coce no Manchita... radio en directo e ao vivo.
Filispim vai... VÉN TI!!!

28 novembro, 2013

Sin Fronteras Nº7, 3ª Temporada

Con Susana, Celso y Pablo M. 


Entrevista al Prof Vicenç Navarro,Catedrático de Ciencias Políticas y Sociales, Universidad Pompeu Fabra de Barcelona con el que hablamos de muchos temas de nuestra actualidad. 


Introducción al nuevo espacio de la Abogada especialista en inmigración, María Teresa Bustamante, que cada 15 días irá aportando datos sobre materia legal en inmigración.

sinfronterasrf.blogspot.com
sinfronterasrf/facebook.com 






Entrevista al Prof. Vicenç Navarro realizada por Sin Fronteras


27 novembro, 2013

Novas Locais. O Alcalde de Ferrol "pía" agora, mentres continúan as mobilizacións en defensa do Sector Naval.


Tarde piaches?
Nunha carta dirixida a todas e todos os ferroláns con data de martes 26 de novembro de 2013 o Alcalde de Ferrol, pide agora "...unha contundente resposta cívica fronte á incompetencia na xestión dos estaleiros na nosa ría, sen carga de traballo dende hai seis anos..."; ademáis engade: "é o momento da solidariedade co naval e de asumir a nosa responsabilidade en defensa dos intereses de Ferrol por encima de todo. É o momento de reclarmarlle un cambio de prioridades aos gobernos de Madrid e Bruxelas." A carta finaliza cunha petición: "... pídovos que participedes nos actos de protesta e presión para esixir TODOS XUNTOS TRABALLO PARA O NAVAL. FERROL NON SE RENDE."

Pola súa banda, diversas organizacións e colectivos continúan a denunciar, como sempre,  a calamitosa situación da industria naval na nosa Comarca ao través de diversas CONVOCATORIAS. As máis inmediatas son as seguintes:
  • Venres 29 de novembro, na Galería Sargadelos (R/ Rubalcava, 30-32), a partir das 19:30 h., apresentarase o documentario "Carga de Dignidade", de Xosé Bocixa, realizado a partir da acción colectiva a altura da antigua porta de Bazán.
  • Horas máis tarde, o mesmo venres 29,  baixo o lema "Ferrolterra esixe solucións", concentración comarcal na Praza de Armas a partir das 21:00 h.  á que se pide aos acudir con fachos e cabazas nunha "noite de vixilia".
  • Xa para o domingo 1 de decembro, MANIFESTACIÓN en Ferrol, convocada polos Comités de Navantia Fene e Ferrol, así como polos Comités das compañías auxiliares.
Podes seguir as múltiples Convocatorias en Defensa do Sector Naval, entroutros enlaces, en:  https://www.facebook.com/ferrolterraesixesolucions  ou  http://artabra21.blogspot.com.es/


Informou o Pequeno Monstro para os Informativos de Rádio FilispiM.

25 novembro, 2013

Baixo Lupa Pó de Estrelas 2/4 "A vida que coñecemos"


Seguimos dando lectura a este apaixoante libro de Xurxo Mariño Alfonso; desta vez con relatos relacionados coa vida no planeta terra, ou como descubrila, dende unha sonda ou aeronave.

Continuamos a relacionar, vida e universo ...

24 novembro, 2013

Novas Locais. Lei de "Seguridade Cidadá" ou de Represión pura e dura? (Sin Fronteras).


Lei de Seguridade Cidadá? Non. Lei de Represión Cidadá, pura e dura.

A mal chamada "Lei de Seguridade Cidadá" estabelece durísimas multas, de ata 600.000 €, por gravar á policía ou a participar en  mobilizacións coma os chamados "scraches". Un auténtico despropósito de Lei que sitúa ás liberdades no Estado español nos tempos da Dictadura do Xeneralísimo Franco (por la Gracia de Dios), donde a cidadanía perderá mesmo o dereito a manifestar a súa rabia e indignación (único recurso que lle quedaba) ante recortes de dereitos e liberdades a esgalla.



A pasada semana dentro da "Sección de Celso", dentro do programa Sin Fronteras de Radio Filispim, Celso Posada, Susana Alaniz e Pablo Melaski, reflexionaron sobre desta mal chamada "Lei de Seguridade de Cidadá". A súa activación supón un regreso ao pasado, coma acontece con outras medidas políticas do absolutista Goberno do PP (Lei contra do dereito ao aborto, Lei da Educación, LOMCE...). Escoitamos as súas voces.


Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]