Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

27 novembro, 2013

Novas Locais. O Alcalde de Ferrol "pía" agora, mentres continúan as mobilizacións en defensa do Sector Naval.


Tarde piaches?
Nunha carta dirixida a todas e todos os ferroláns con data de martes 26 de novembro de 2013 o Alcalde de Ferrol, pide agora "...unha contundente resposta cívica fronte á incompetencia na xestión dos estaleiros na nosa ría, sen carga de traballo dende hai seis anos..."; ademáis engade: "é o momento da solidariedade co naval e de asumir a nosa responsabilidade en defensa dos intereses de Ferrol por encima de todo. É o momento de reclarmarlle un cambio de prioridades aos gobernos de Madrid e Bruxelas." A carta finaliza cunha petición: "... pídovos que participedes nos actos de protesta e presión para esixir TODOS XUNTOS TRABALLO PARA O NAVAL. FERROL NON SE RENDE."

Pola súa banda, diversas organizacións e colectivos continúan a denunciar, como sempre,  a calamitosa situación da industria naval na nosa Comarca ao través de diversas CONVOCATORIAS. As máis inmediatas son as seguintes:
  • Venres 29 de novembro, na Galería Sargadelos (R/ Rubalcava, 30-32), a partir das 19:30 h., apresentarase o documentario "Carga de Dignidade", de Xosé Bocixa, realizado a partir da acción colectiva a altura da antigua porta de Bazán.
  • Horas máis tarde, o mesmo venres 29,  baixo o lema "Ferrolterra esixe solucións", concentración comarcal na Praza de Armas a partir das 21:00 h.  á que se pide aos acudir con fachos e cabazas nunha "noite de vixilia".
  • Xa para o domingo 1 de decembro, MANIFESTACIÓN en Ferrol, convocada polos Comités de Navantia Fene e Ferrol, así como polos Comités das compañías auxiliares.
Podes seguir as múltiples Convocatorias en Defensa do Sector Naval, entroutros enlaces, en:  https://www.facebook.com/ferrolterraesixesolucions  ou  http://artabra21.blogspot.com.es/


Informou o Pequeno Monstro para os Informativos de Rádio FilispiM.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails