+ info: http://80vinilos.blogspot.com
Pesquisar neste blog
15 outubro, 2013
14 outubro, 2013
Ponte en Galego! nº 18: Aprendendo sobre Curdistán
Unha entrevista a Séchu Sende na presentación
do libro ‘Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas’ serve de introdución a un
programa de radio baseado naquel país asiático, onde a realidade lingüística e
cultural é tan comparábel á nosa.
Novas Locais. O Casino Ferrolano non quere saber nada de tetas.
Hai cuestións que van máis aló dos usos e costumes de entidades privadas coma o Casino Ferrolano e até do recollido nos seus Estatutos. Así o considera a asociación BBTTA de Narón, que estes dias recibiu unha denuncia dunha familia afectada pola prohibición do Presidente do Casino de amamantar a un bebé nun recuncho da coñecida coma "pecera". Como resposta, nun acertado comunicado, BBTTA convida ao seu Presidente a permitir a impartición dunhas xornadas sobre lactancia dentro do Casino, organizadas pola propia asociación de fomento da lactancia. Ditas xornadas estarían dirixidas á Directiva da entidade, socias e socios e calquer interesado en xeral. Según puido saber a redacción dos informativos de Rádio FilsipiM, ao non se ter dado resposta ao oferecemento de BBTTA, esta vén de reiteralo cun segundo comunicado que transcribimos deseguido:
"Boas tardes. Dende a asociación BBTTA dirixímonos a vostede para facerlle saber que, todo o incidente acontecido causou un gran malestar na comunidade de nais lactantes de Ferrolterra.
Varios días despois do sucedido todavía non obtivemos ningunha resposta pola súa parte. Nin disculpas públicas á familia, nin unha explicación aclaratoria de todo o sucedido, nin unha resposta ó comunicado que emitimos dende a nosa asociación.
Polo tanto, pedímoslle que nos conteste dalgún xeito, afirmativa ou negativamente, á nosa proposta, na que plantexamos unha sinxela charla de información sobre lactación materna nas súas instalacións.
Un saúdo.
BBTTA Narón" (luns, 14 de outubro de 2013)
O certo é que son moitas xa as voces que, nas redes sociais, reclaman coma resposta ao silencio unha tetada masiva no exterior da particular sociedade ferrolá, fronte a "pecera".
Redacción Informativos Rádio FilispiM.
Novas Locais. Faleceu Pacó Balón, histórico militante do PCG, das CC.OO. e represaliado no Marzo do 72.
Faleceu Francisco González Vidal “Paco Balón”, cofundador do PCG e das CC.OO. Miguel Castro, entrevista a José Torregrosa, compañeiro na década dos 70 de Paco Balón e protagonista xunto a el dos sucesos de Marzo do 72 en Ferrol. No 2011 publicaba as súas memorias baixo o título, "Paco Balón: Memorias de un Comunista Ferrolano" (Edicións do Castro). Escoitamos a José Torregrosa que, entre outras cuestións, reflexiona: "Ao final vai resultar que os comunistas non tiñan cornos nen rabo. Tratábase duns individuos empecinados en medio dunha dictadura que os tiña pisoteado, xente de ben capaces de organizarse e facer fronte a unha dictadura e cara a liberdade, aínda a costa de pór en perigo a súa seguridade e a das súas familias...".
Redacción Informativos Rádio FilispiM.
13 outubro, 2013
Sin Fronteras- Nº 1 Nueva Temporada
-Información sobre inmigración.
-Información Internacional.
-Agenda de actos y manifestaciones.
-Couplé de la murga uruguaya "Agarrate Catalina" titulado: "El Sueño Americano" donde la empresa símbolo del capitalismo decide hacer un giro a la izquierda por el gobierno de izquierda de Uruguay.
![]() |
| Murga "Agarrate Catalina" |
12 outubro, 2013
Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 67 24.09.2013
NIKKI VAN DIJK Y STEVEN PIERSON EN LO MÁS ALTO DEL PODIUM
Primer programa de otoño, que nos sirve para poner
punto y final al verano y al pasado Pantín Classic. Ciertamente en
anteriores programas hemos hablado mucho sobre su música y hemos contado
bastantes anécdotas, pero apenas hemos comentado la competición. Y
claro que sí, en Pantín hubo un Campeonato y de primer nivel
internacional, el único de esta categoría –WQS- que se celebró este año
en España, lo que todavía le otorga más importancia. Bueno, mejor dicho,
hubo dos Campeonatos, masculino y femenino, por cierto que este con sus
6 estrellas posiblemente fue el mejor nunca celebrado en Pantín en
cuanto a participación. Era la vigésimo sexta edición y sus vencedores,
la australiana Nikki Van Dijk y el tahitiano Steven Pierson, nunca la
olvidarán. Nosotros tampoco. Esta es su historia.
DIVERTIMENTO - Casino Ferrolano (Talibano) - Entrevista a Roger de Flor, apresentando o seu novo álbum xunto a "Os Silvestres".
Divertimento para pequenos monstros, edición do venres 11 de outono de 2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos...
- Contacto telefónico con Ana Fernández de BBTTA-Narón quen nos fala da situación que se deu esta semana no Casino Ferrolano ao prohibir o Presidente de dita sociedade a unha socia, utilizar a sá coñecida coma "pecera" para a lactancia dunha crianza de tan só tres meses.
- Entrevista ao autor pop Roger de Flor (Rogelio Arias), quen apresenta o seu novo cedé realizado xunto a formación Os Silvestres, "Hai un Lugar no Norte". Máis dunha hora de música e de agradábel conversa co autor de Limodre (Fene).
Conduce: André "Pequeno Monstro".
Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Corunha).
+ info http://pequenosmonstros.blogspot.com
Assinar:
Postagens (Atom)




