Pesquisar neste blog

20 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS. Ría de Ferrol / Reganosa. A Comisión da Unión Europea fica "abraiada".


O pasado mércores 13 de febreiro de 2013 unha Comisión de Parlamentarios da Unión Europea, acompañados do membros do Comité Cidadá de Emerxencia da Ría de Ferrol e de representantes das Confrarías de pescadores, visitou a a Ría de Ferrol e as instalacións da Planta de Gas de Reganosa. Esta visita fora reclamada polo Comité de Emerxencia no ano 2001 quen daquela enviara unha comisión a Bruxelas con esta finalidade. 

Fronte as instalacións de Reganosa os membros do Comité de Emerxencia explicaron a situación de ilegalidade na que se atopa a Planta de Gas tras a sentenza do Tribunal Supremo o incumplimento de toda a lexislación medioambiental, ademáis da ameaza que supón para toda a cidadanía. Ademáis, explicaron a continúa destrucción que supón a utilización da auga da Ría por parte da Planta de Gas no proceso de regasificación e o recheo ilegal onde se asenta Reganosa, lembrando como se está a producir todo isto coa complicidade das diferentes Administracións implicadas. 

Según explicou o Comité os membros da Comisión Europea quedaron "abraiados" ante tanta destrucción mediambiental na Ría de Ferrol chegando a preguntar se "había algúen procesado" polo disparate Reganosa. O voceiro da Comisión independente da Unión Europea, Philippe Boulland expresou in situ a grave ameaza a que está exposta a explotación marisqueira, tomando nota do que foron testemuñas e recoñecendo que "todo o que viran superaba con creces o que esperaban atopar".

NOVAS LOCAIS. Ensino Público: xornadas de folga e loita na súa defensa.



Ensino Público: xornadas de folga e loita na súa defensa. 

Estes días centos de milleiros de estudiantes se manifestaron en contra da paradóxicamente coñecida coma "Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa (LOMCE)", máis coñecida coma a "Lei Wert". 

Estes son algúns dos recortes que até agora afectaron ao Ensino Público, refrendados polas políticas conservardoras e dereitistas do Goberno do PP, en datos do pasado ano 2012:
  • Recorte de 13.000 docentes nos centros de Ensino Público, para unha poboación estudiantil que medrou, no conxunto do Estado, en máis de 800.000 alumnos.
  • Reducción media do salario dun 25% aos profesionais do Ensino Público.
  • Recorte dun 50% da cantidade destinada a bolsas de estudios (becas).
  • Incremento do prezo dos artigos escolares do 4 ao 21%
  • Incremento das taxas que, nalgunha comunidade aumentaron un 66%  (...)
Ir a descargar

Redacción de informativos de RFM.

19 fevereiro, 2013

O recuncho nº 125


Martes, 19 de febreiro 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
“O Recuncho” nº 125 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:

Invitado: Carlos Vidal Ojea, que falará de Acción Directa. Recuperación de espazos públicos.
Falaremos das varias mobilizacións: Contra a Planta de Gas e os Desafiuzamentos, en defensa da Sanidade Pública....
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “¿Solo 300?”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Rainer María Rilker.
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Manu Chao
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

18 fevereiro, 2013

80 Vinilos/h [programa 48] - Enciclopedia Musical Estatal 80s - Vol.7

Carmina Burana. Post-punk 80´s
Edición nº 48 de 80 Vinilos/h.

- Volume nº 7 da Enciclopedia Musical Estatal dos 80s.
de CARLOS BERLANGA á CICATRIZ

Contido:

  • CARLOS BERLANGA - Mujeres Rusas (versión maqueta cantada por Berlanga, 1983).
  • CARLOS BERLANGA - Perlas Ensangrentadas (versión maqueta cantada por Berlanga, 1983).
  • CARLOS PÉREZ - Las manos quietas (Maxi. Las Manos Quietas. Infinity Records/Discos Victoria, 1984).
  • CARMINA BURANA - El telar de la locura (Maxi. El Telar de la Locura. Twins, 1985).
  • CARMINA BURANA - Orgullo de amor quebrado (Maxi. El Telar de la Locura. Twins, 1985).
  • CASABLANCA - La Señal (Lp. Rock & Roll en el Bard de Rick. DRO, 1986).
  • CEREMONIA - La Duda (Maxi. Cita en el Jardín. Zafiro, 1986).
  • CEREMONIA - Venganza (Ep. El Sótano. Citra, 1983).
  • CICATRIZ - En comisaría (Lp. Inadaptados. Soñua Records, 1986).
  • CICATRIZ - Inadaptados (Lp. Inadaptados. Soñua Records, 1986).
  • CICATRIZ - Escupe (Lp. Inadaptados. Soñua Records, 1986).
Selección musical, comentarios e control técnico: Pequeno Monstro.



+ into e todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com (etiqueta: 80 Vinilos/h)

17 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS. Ferrol Vello: recuperación do barrio.


Ferrol Vello: recuperación do barrio.

Dous anos cúmprense xa da Declaración de Ferrol Vello como Casco Histórico, por iniciativa dun grupo de veciños da cidade. Os últimos derrumbes cuestionan esta medida de protección pero, non é a protección o único camiño para mellorar o barrio?

Ir a descargar

Música, surf, medio ambiente - Trigésimo noveno programa 12.02.13



CON LOS “CRAZY PONYS”

Llegaron al estudio cargados de historias, de buen humor y…de música. Nos une con ellos su amor por la música, el surf, la defensa de la naturaleza, vamos…la esencia de este programa. Y, naturalmente, nuestra común admiración por Neil Young. Su nombre lo dice todo.

Por cierto, en los primeros 15 minutos no es que estuviesen extrañamente tímidos –sería imposible- sino que sus micros estaban demasiado bajos. A partir del minuto 16 ya se muestran en todo su esplendor…

Volverán a la radio en verano, pero antes, seguro, los volveremos a ver disfrutando y derrochando energía sobre el escenario en cualquiera de sus próximas actuaciones Galicia adelante. No te lo pierdas.

16 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS. Ateneo Ferrolán: o secuestro continúa.


Ateneo Ferrolán: a usurpación da súa sede e o secuestro do seu patrimonio continúan. 

Logo do pasado Pleno Municipal do 27 de decembro de 2012, donde o grupo de Goberno  acordou "repartir" a sede do Ateneo Ferrolán coa Sociedad de Artistas Ferrolanos (SAF) e a Asociación de Veciños Zona Centro, agora, transcorrido un mes, se suma a este "reparto" a Sociedad Filharmónica Ferrolana quen, según as persoas que traballan no Ateneo, "nen  tiña coñecemento nen tiña solicitado a súa reubicación",  prevista no lugar proxectado para a cafetaría da sede do Ateneo. Esta nova "cesión" foi finalmente aprobada no pleno do pasado xoves 31 de xaneiro de 2013.

Na mesmo Pleno, o concelleiro de Economía e dereitista, Alejandro Langtry, explicou que o que quere o Goberno local é "concentrar nun mesmo espazo a entidades relacionadas coa oferta cultural da cidade, quedando o Ateneo con aínda más espazo do que tiña antes da rehabilitación da súa sede" o que provocou a indignación do cadro de persoal do Ateneo presentes no pleno, pedindo a dimisión do Alcalde, o dereitista José Manuel Rey Varela;  persoal traballador do Ateneo que, a vista do que está a aconteder, comeza a temer pola perda do seus postos de traballo.

O resultado da votación do novo "reparto" do Ateneo foi a seguinte: todos os concelleiros do partido do Goberno, o dereitista PP, votaron a favor do novo reparto do Ateneo entre as tres entidades  (AVV del Centro, SAF e Sociedad Filarmónica Ferrolana) xunto cun novo apoio do "independente" Juan Fernández. O resto das formacións, PSOE, BNG e EU, votaron en contra, razoando o seu posicionamento nun intento de neutralizar a acción cutural participativa do Ateneo por parte do PP, nunha teima sen precedentes contra da centenaria institución, a excepción do periodo da dictadura do Xeneral fascista Francisco Franco.

Outro dos problemas que segue a ter Ateneo Ferrolán é o secuestro do seu valioso patrimonio por parte do grupo de Goberno PP-Independientes por Ferrol. Na actualidade este patrimonio, ademáis dos seus seus enseres,  seguen secuestrados polo grupo de Goberno quen non quere asumir o pagamento á empresa de gardamóbeis, reclamando ao Ateneo que se desexa recuperalo asuma o pagamento da contiosa factura á empresa privada.

Por outra banda, dende o Ateneo Ferrolán se denuncia  "que algunhas asociacións que pretenden facer actividades culturais no Ateneo están a ser ameazadas telefonicamente para que non utilicen este espazo". Así, acusan o alcalde o dereitista  José Manuel Rey Varela e ao conxunto do grupo de Goberno de "estar xogando cos postos de traballo" que advirten seguirán a defender.

O Ateneo Ferrolán, institución cultura creada en 1879,  sempre tivo un papel moi importante na promoción da cultura na cidade de Ferrol;  dinamiza ese edificio dende 1983, momento no que o Concello aprobou por unanimidade ceder o primeiro andar do inmoble (que recibira como parte do Legado Carbajal). Durante anos a entidade pagou un aluguer, até que en 1996 o Concello (gobernado daquela polo PP) acordou a cesión gratuíta por un período de 15 anos. En 2008 (con goberno do PSOE) o pleno aprobou de novo por unanimidade a cesión indefinida do edificio ao Ateneo.

Dende a chegada ao Concello de Ferrol do actual grupo de Goberno do PP a cultura local ten sido atacada en diversas formas e maneiras ben perversas, sendo un dos responsábeis desta situación o concelleiro Manuel Reyes García Hurtado coa complicidade do Alcalde e demáis integrantes do grupo de Goberno.

Centos de apoios ao Ateneo Ferrolán veñen de ser emitidos por entidades, colectivos e personalidades do mundo da cultura, sen que o dereitista grupo do Goberno do PP de Ferrol co apoio do "independiente" Juan Fernández, variase un ápice o seu propósito, máis ben recrudencendo aínda máis a súa postura contra do Ateneo e os ateneístas ferroláns, como se ten visto neste último pleno coa aprobación dun novo "reparto".

Escoitamos o audio de parte do primeiro pleno do Concello de Ferrol do xoves 27 de decembro 2012, cando comezou a usurpación  da sede do Ateneo Ferrolán. Naquela ocasión, se aprobara a "reparto" do Ateneo coa SAF (Asociación de Artistas de Ferrol)  e Asociación de Veciños do Centro.

Ir a descargar

Arquivo:
O Ateneo Ferrolán sofriu un atentado o 17 de xaneiro de 2008: 
http://opaii.blogspot.com.es/2008/02/rdio-filispim-vese-obrigado-suspender.html
+ info e audios: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2008/01/queiman-porta-do-ateneo-ferroln.html

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]