O pasado mércores 13 de febreiro de 2013 unha Comisión de Parlamentarios da Unión Europea, acompañados do membros do Comité Cidadá de Emerxencia da Ría de Ferrol e de representantes das Confrarías de pescadores, visitou a a Ría de Ferrol e as instalacións da Planta de Gas de Reganosa. Esta visita fora reclamada polo Comité de Emerxencia no ano 2001 quen daquela enviara unha comisión a Bruxelas con esta finalidade.
Fronte as instalacións de Reganosa os membros do Comité de
Emerxencia explicaron a situación de ilegalidade na que se atopa a Planta de
Gas tras a sentenza do Tribunal Supremo o incumplimento de toda a lexislación
medioambiental, ademáis da ameaza que supón para toda a cidadanía. Ademáis,
explicaron a continúa destrucción que supón a utilización da auga da Ría por parte
da Planta de Gas no proceso de regasificación e o recheo ilegal onde se asenta
Reganosa, lembrando como se está a producir todo isto coa complicidade das
diferentes Administracións implicadas.
Según explicou o Comité os membros da Comisión Europea quedaron "abraiados" ante tanta destrucción mediambiental na Ría de Ferrol chegando a
preguntar se "había algúen procesado" polo disparate Reganosa. O
voceiro da Comisión independente da Unión Europea, Philippe Boulland expresou
in situ a grave ameaza a que está exposta a explotación marisqueira, tomando
nota do que foron testemuñas e recoñecendo que "todo o que viran
superaba con creces o que esperaban atopar".
Ir a descargar
Redacción informativos RFM.
Nenhum comentário:
Postar um comentário