Ateneo Ferrolán: a usurpación da súa sede e o secuestro do seu patrimonio continúan.
Logo do pasado Pleno Municipal do 27 de decembro de 2012, donde o grupo de Goberno acordou "repartir" a sede do Ateneo Ferrolán coa Sociedad de Artistas Ferrolanos (SAF) e a Asociación de Veciños Zona Centro, agora, transcorrido un mes, se suma a este "reparto" a Sociedad Filharmónica Ferrolana quen, según as persoas que traballan no Ateneo, "nen tiña coñecemento nen tiña solicitado a súa reubicación", prevista no lugar proxectado para a cafetaría da sede do Ateneo. Esta nova "cesión" foi finalmente aprobada no pleno do pasado xoves 31 de xaneiro de 2013.
Na mesmo Pleno, o concelleiro de Economía e dereitista, Alejandro Langtry, explicou que o que quere o Goberno local é "concentrar nun mesmo espazo a entidades relacionadas coa oferta cultural da cidade, quedando o Ateneo con aínda más espazo do que tiña antes da rehabilitación da súa sede" o que provocou a indignación do cadro de persoal do Ateneo presentes no pleno, pedindo a dimisión do Alcalde, o dereitista José Manuel Rey Varela; persoal traballador do Ateneo que, a vista do que está a aconteder, comeza a temer pola perda do seus postos de traballo.
O resultado da votación do novo "reparto" do Ateneo foi a seguinte: todos os concelleiros do partido do Goberno, o dereitista PP, votaron a favor do novo reparto do Ateneo entre as tres entidades (AVV del Centro, SAF e Sociedad Filarmónica Ferrolana) xunto cun novo apoio do "independente" Juan Fernández. O resto das formacións, PSOE, BNG e EU, votaron en contra, razoando o seu posicionamento nun intento de neutralizar a acción cutural participativa do Ateneo por parte do PP, nunha teima sen precedentes contra da centenaria institución, a excepción do periodo da dictadura do Xeneral fascista Francisco Franco.
Outro dos problemas que segue a ter Ateneo Ferrolán é o secuestro do seu valioso patrimonio por parte do grupo de Goberno PP-Independientes por Ferrol. Na actualidade este patrimonio, ademáis dos seus seus enseres, seguen secuestrados polo grupo de Goberno quen non quere asumir o pagamento á empresa de gardamóbeis, reclamando ao Ateneo que se desexa recuperalo asuma o pagamento da contiosa factura á empresa privada.
Por outra banda, dende o Ateneo Ferrolán se denuncia "que algunhas asociacións que pretenden facer actividades culturais no Ateneo están a ser ameazadas telefonicamente para que non utilicen este espazo". Así, acusan o alcalde o dereitista José Manuel Rey Varela e ao conxunto do grupo de Goberno de "estar xogando cos postos de traballo" que advirten seguirán a defender.
O Ateneo Ferrolán, institución cultura creada en 1879, sempre tivo un papel moi importante na promoción da cultura na cidade de Ferrol; dinamiza ese edificio dende 1983, momento no que o Concello aprobou por unanimidade ceder o primeiro andar do inmoble (que recibira como parte do Legado Carbajal). Durante anos a entidade pagou un aluguer, até que en 1996 o Concello (gobernado daquela polo PP) acordou a cesión gratuíta por un período de 15 anos. En 2008 (con goberno do PSOE) o pleno aprobou de novo por unanimidade a cesión indefinida do edificio ao Ateneo.
Dende a chegada ao Concello de Ferrol do actual grupo de Goberno do PP a cultura local ten sido atacada en diversas formas e maneiras ben perversas, sendo un dos responsábeis desta situación o concelleiro Manuel Reyes García Hurtado coa complicidade do Alcalde e demáis integrantes do grupo de Goberno.
Centos de apoios ao Ateneo Ferrolán veñen de ser emitidos por entidades, colectivos e personalidades do mundo da cultura, sen que o dereitista grupo do Goberno do PP de Ferrol co apoio do "independiente" Juan Fernández, variase un ápice o seu propósito, máis ben recrudencendo aínda máis a súa postura contra do Ateneo e os ateneístas ferroláns, como se ten visto neste último pleno coa aprobación dun novo "reparto".
Ir a descargar
Arquivo:
O Ateneo Ferrolán sofriu un atentado o 17 de xaneiro de 2008:
- http://opaii.blogspot.com.es/2008/02/rdio-filispim-vese-obrigado-suspender.html
+ info e audios: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2008/01/queiman-porta-do-ateneo-ferroln.html
Nenhum comentário:
Postar um comentário