Pesquisar neste blog

11 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS. 15 anos da Fundaçom Artábria: Proxecto documentario.


15 anos da Fundaçom Artábria: proxecto documentario.
"Son xa 15 os anos que vén de cumprir a Fundaçom Artábria na nosa comarca, polo que pensaron que ben merecen unha pequena retropectiva e a plasmaçom de todo ilo nun documentario que fique para a historia dos movimentos sociais galegos. Nese documentario haverá entrevistas, material de arquivo e inédito sobre a historia da Fundaçom Artábria.
O orzamento dese traballo documental é de 5000 euros e para ilo na Asociación puxeron en marcha unha campaña de financiamento do mesmo ao través da plataforma VERKAMI. Todas as persoas que contribúan recibirán un agasallo, mesmo un exemplar do DVD co documentario.
Na metade do tempo que se propuxeron para acadar o propósito acadaron o 50 % do presuposto, polo que te convidan a participar e contribuir a fazer realidade este documento audio-visual dos 15 anos de vida da Fundaçom Artábria. Podes participar dende unha aportación de tan só 5 euros.
Ficades coas verbas de Vitor, un dos integrantes da Fundaçom Artábria quen estes días pasou polo programa de Rádio FilispiM, Divetimento para pequenos monstros... "

Ir a descargar

+ info do proxecto en: artabria.net

1º P 2ª T Pinchacarneiro 6.02.2013

Entrevistamos a Eduardo Carpente, voceiro da Asociación de profesionáis das drogodependencias, a Joaquín Ma novel, técnico de prevención de drogodependencias do Concello de Ferrol, afectado polos recortes como no resto dos Concellos do País.
Explícase a temática e a estructura dos programas que se realizarán nas vindeiras semanas





10 fevereiro, 2013

Música, surf, medio ambiente - Trigésimo octavo programa 05.02.13




2011. DESPUÉS DE 15 AÑOS EL TÍTULO MASCULINO REGRESA A ESPAÑA

Qué lejos quedaba 1996, última vez que Eneko Acero se subía a lo más alto del podium. Otro vasco, Aritz Aranburu, nuestro único surfista en la historia que alcanzó el Top 44, repetía la hazaña 15 años más tarde. Olas grandes y fuertes hicieron justicia a Aritz.

El campeonato femenino alcanzó un nivel fantástico y por vez primera, una hawaiana, Malia Manuel, se hacía con el título.

Galicia respondió muy bien ante la marcha del gran patrocinador de anteriores ediciones. Empresas e instituciones gallegas hicieron posible realizar el campeonato. El Vazva Air Show constituyó otra novedad.

La banda sonora tuvo una gran estrella, Sufjan Stevens. Wilco y The Break, sintonía de este programa con su tema Cylinders, le acompañaron. 

NOVAS LOCAIS. A Revolta de Trasancos: Entroido 2013 / Diario de Ferrol: Despedimentos.


A Revolta de Trasancos: Entroido 2013 

"A Revolta nasce como comparsa no Antroido de 1997, posteriormente decidimos continuar com actividades de lece r e de festas participativas, polo que como grupo acudimos à Romaria de Chamorro esse mesmo ano. Mas desde o ano 2003, sempre esse dia, imos até à Fraga de Menáncaro para reivindicar a sua proteçom como espaço natural de interesse ecológico e paisagístico (...)

A uniom e a alegria compartida, figérom que as comidas colectivas no campo, disfrutando plenamente da natureza, passaram a formar parte dum jeito de divertimento...Descubrimos que a festa activa, onde a participaçom de todas e todos, conformava valores e sentimentos positivos...".

Ir a descargar

+ cancións do Entroido 2013 da Revolta de Trasancos: http://www.ivoox.com/podcast-podcast-a-revolta-trasancos_sq_f132006_1.html


 Diario de Ferrol: despedimentos.

"...se produce unha negativa empresarial a constituir unha mesa de negociación para abordar alternativas que evitasen la deslocalización da sección de infografía. Na concentración os traballadores portaban unha pancarta na que se leía “polo mantemento do emprego-Diario de Ferrol". Escoitamos a Xose María Fandiño, xornalista do Diario de Ferroll, quen pasou polo estudo de Rádio FilispiM nas pasadas semanas, no programa O Recuncho".

Ir a descargar
En esta segunda parada de la estación 4º Mundo seguimos aportando datos sobre el derroche de alimentos, para aportar un poco de luz, hablamos de las huertas urbanas como alternativa y ahondamos en el "freeganismo", una manera de vivir sin derroche.

Recomendamos el documental " Taste the waste" (la comida que tiramos). 

http://tastethewaste.com/info/film

"Los Espigadores y La Espigadora" 
Título original: Les glaneurs et la glaneuse Directora: Agnes Varda
País: Francia Año: 2000
http://www.youtube.com/watch?v=JjKmXzAbJ4A 











08 fevereiro, 2013

Carlos Callón: A Mesa deixará de existir cando poidamos vivir en galego con normalidade


Ponte en Galego nº 3

Así se expresou Carlos Callón diante do reporteiro Carlos Mosqueira, horas antes da manifestación que reuniu en Compostela miles de persoas na defensa da lingua galega. Carlos Callón lanzou unha mensaxe de ánimo para os novos galegofalantes. “O futuro do idioma está nas mans dos que o comezan a falar, dando un paso á frente como no seu día fixeron Rosalía ou Castelao”.


Carme Castro fala con tres membros dun dos seus grupos favoritos, os eumeses Arenga, nunha entrevista que terá continuidade na próxima edición. Ainhoa Ruiz, na súa sección Dicionario Vivo, pregunta sobre o coñecemento da palabra ‘esperón’, e obtén resultados moi marcados pola idade dos entrevistados. 


As novas reporteiras Alba, Lucía e Delia estréanse no programa falando con persoas das Neves (A Capela) sobre ditos populares galegos, e Sara Rodríguez vólvenos sorprender na súa sección Galego nun click coa narración dun fermoso lipdub atopado en YouTube chamado Eu falarei, realizado nun IES de Redondela. 



Diagnóstico Positivo 1º programa 2013

Diagnóstico positivo é un programa de radio realizado por persoas que colaboran coa Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol. A Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol é unha entidade sen ánimo de lucro formada por afectados/as polo VIH, polas drogas e pola exclusión social.

Neste programa de radio falamos da inxustiza que se está a levar a cabo con David Reboredo. Falamos coa súa irmá, Olga Reboredo e co teraputa do grupo Imán de Vigo, Antón Bouzas.


As novas que comentamos foron a alarma social xenerada pola policía nacional e publicada na voz de galicia, sobre o aumento do consumo de heroína en Galicia e falamos do tratamento do VIH como prevención.




 


Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]