Diagnóstico positivo é un programa de radio realizado por persoas que colaboran coa Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol. A Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol é unha entidade sen ánimo de lucro formada por afectados/as polo VIH, polas drogas e pola exclusión social.
Neste programa de radio falamos da inxustiza que se está a levar a cabo con David Reboredo. Falamos coa súa irmá, Olga Reboredo e co teraputa do grupo Imán de Vigo, Antón Bouzas.
As novas que comentamos foron a alarma social xenerada pola policía nacional e publicada na voz de galicia, sobre o aumento do consumo de heroína en Galicia e falamos do tratamento do VIH como prevención.
Nenhum comentário:
Postar um comentário