Ponte en Galego nº 3
Así se expresou Carlos Callón diante do reporteiro Carlos Mosqueira, horas antes da manifestación que reuniu en Compostela miles de persoas na defensa da lingua galega. Carlos Callón lanzou unha mensaxe de ánimo para os novos galegofalantes. “O futuro do idioma está nas mans dos que o comezan a falar, dando un paso á frente como no seu día fixeron Rosalía ou Castelao”.
Carme Castro fala con tres membros dun dos seus grupos favoritos, os eumeses Arenga, nunha entrevista que terá continuidade na próxima edición. Ainhoa Ruiz, na súa sección Dicionario Vivo, pregunta sobre o coñecemento da palabra ‘esperón’, e obtén resultados moi marcados pola idade dos entrevistados.
As novas reporteiras Alba, Lucía e Delia estréanse no programa falando con persoas das Neves (A Capela) sobre ditos populares galegos, e Sara Rodríguez vólvenos sorprender na súa sección Galego nun click coa narración dun fermoso lipdub atopado en YouTube chamado Eu falarei, realizado nun IES de Redondela.
Nenhum comentário:
Postar um comentário