Pesquisar neste blog

26 maio, 2012

Música, surf, medio ambiente - Octavo programa 22.05.12



1994 VUELTA AL OTOÑO
Decíamos en el Editorial de la revista: “… un año después del extraordinario éxito de público conseguido en la pasada edición, celebrada en el ecuador del verano, el Pantín Classic retorna a sus tradicionales fechas de comienzos de otoño. Algunos aficionados se preguntan y nos preguntan ¿por qué?, ¿por qué renunciar a una playa rebosante de aficionados en bañador comprando camisetas, posters y revistas?. Muy sencillo, porque esto no es un negocio. ¡ Al diablo la venta de hamburguesas y refrescos! Buscamos las olas y los surfers lo demás es accesorio…”
En el también nos definíamos acerca del llamado Proyecto de Regeneración de la playa de Pantín: “Desde aquí queremos enviar un firme y convencido mensaje que refleje la filosofía de los surfistas del mundo entero que visitan y visitarán esta privilegiada playa y su entorno natural: todo lo que se haga en ella ha de hacerse para proteger y conservar, nada de lo que se haga se hará para convertirla en un objeto más de consumo.”
Ese año comienza en Pantín la leyenda de Eneko Acero.

Sinfronteras 2T 75P









Invitada: María Teresa Martínez Vilariño, (Directiva A.C Fuco Buxán) 
En Bolivia: Unión por la Sanidad Pública y el traslado al Estado Español.
Info Manifestaciones, Concentraciones y Actos. 
En el Estado Español, 205.000 niños viven por debajo del umbral de la pobreza (Infomre Unicef).
Info Inmigración:
7ª Asamblea del Foro Galego de Inmigración.
Circular X/2012 de la Policia Nacional.
351 euros por un dolor de cabeza.
Los CIE´s en Alemania.
Audio: Las explicaciones de Ana Mato. 
Info Latinoamérica: 
Brasil contra el trabajo esclavo.
Detenidos-desaparecidos chilenos están inscritos para votar.

Música: NTVG con Eduardo Galeano-"Nunca más a mi lado".

25 maio, 2012

O Recuncho nº 97



Martes, 22 de maio de 2012, de 17,30 a 18,30 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
“O Recuncho” nº 97, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Alexandre Carrodeguas, membro de VERDEGAIA, para falar do tema : Eucaliptos ¿Fumigación? E Mar Sánchez, psicóloga e sexóloga, para comentar dos seus Talleres multidisciplinares.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Dias de Teatro”
“Os libros recomendados” de Víctor G. Novás.
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Alberto Pimenta
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Rodrigo Leâo
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

24 maio, 2012

DIVERTIMENTO - Especial, 10 anos do desastre politico-ecolóxico do PRESTIGE

As 8:00 h. da manhá do 19 de novembro de 2002, hai 10 anos, tras tentar alonxalo da costa, o petroleiro PRESTIGE partiu en dous. O que veu logo, non debemos esquecelo NUNCA MÁIS.


"A catástrofe ocasionada polo PRESTIGE é o resultado da cobiza sen límites de empresas que transportan mercadorías perigosas en barcos obsoletos e inseguros e da irresponsabilidade e incompetencia de autoridades que non se preocuparon por garantir adecuadamente o control do tráfico marítimo fronte ás nosas costas e non prepararon un plano de emerxencia para facer fronte a unha MAREA NEGRA." -> Federación Ecoloxista Galega

Canto as neglixencia das autoridades, algún dos seus "responsábeis" seguen a forman parte, 10 anos despois, do actual Goberno Español ou obstentan postos de responsabilidade: Fernández de Mesa [Director da Garda Civil] e Mariano Rajoy ["hilillos de plastelina"], que chegou a Presidente.

Hoxe en DIVERTIMENTO para pequenos monstros, recuperamos algúns dos audios que emitiamos hai 10 anos en Radio Fene, emisora local que daquela transmitía o noso espazo.


Contidos:
  • Boletín Contramaré.
  • Perfil de Fernandez de Mesa, según o boletín "Voz Libertaria", do desaparecido Ateneo libertario Francisco Iturralde de Ferrol.
  • Audio do acto contra a Burla Negra. Ateneo Ferrolán, venres 31 de xaneiro de 2003 [Pepe Leira, Rosa Méndez...]
  • Reportaxe sonora "Recortes dunha traxedia" -> Selección musical, edición e montaxe sonora: Pequeno Monstro.
Escoita ao vivo os xoves de 6:00 a 08:00 do serán en: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
En Ferrol-Terra, na FM no 93.9 do dial.

Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.




Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

Lenha Dura 32p2t

Desfrutade coma nunca do metal e do misterio espacial, Leña Dura rompendo fronteiras no tempo e no espazo, escoita aqui!!




23 maio, 2012

OFF MENTAL [outras músicas] - programa 28

Programa Nº 28 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.

OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
- OREGON - North Star [Music of Another Present Era. Vanguard, 1972].
- OREGON - Naiads [Music of Another Present Era. Vanguard, 1972].
- OREGON - Shard [Music of Another Present Era. Vanguard, 1972].
- OREGON - Fond Libre [Winter Light. Vanguard, 1974].
- OREGON - Rain Maker [Winter Light. Vanguard, 1974].
- PAUL WINTER CONSORT - Icarus [Icarus. Epic, 1972 - Living Music, 1984].
- PAUL WINTER CONSORT - The Silence of a Candle [Icarus. Epic, 1972 - Living Music, 1984].
- PAUL WINTER CONSORT - Whole Earth Chant [Icarus. Epic, 1972 - Living Music, 1984].
- PAUL WINTER CONSORT - All the mornigns bring [Icarus. Epic, 1972 - Living Music, 1984].
- PAUL WINTER CONSORT - Sunwheel [Icarus. Epic, 1972 - Living Music, 1984].

 

Imaxe: portada do álbum Icarus [1972] do Paul Winter Consort.
Offmentalizate! na nosa páxina en facebook.

22 maio, 2012

Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM. A nosa história facémola nós [Cap. 1]

O COLECTIVO OPAÍÍ! – Rádio FilispiM.  A nosa história facémola nós. Capítulo 1º


"O proxecto de creación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol e bisbarra, remóntase ao mes de novembro do ano 2003, cando por iniciativa dalgúns afeccioados á comunicación e á radio en particular, algúns procedentes da desparecida radio universitaria de Serantes [Radio Kaos], se organizan as primeiras Asembleas donde se analisa a viabilidade e características dun proxecto deste tipo na nosa comarca.

Así, se compila información de experiencias similares noutros lugares de Galiza, Estado e resto do mundo e se chama á participación, de persoas involucradas en diversas iniciativas e colectivos da comarca [ou mesmo a título persoal], a unha primeira Asemblea que se celebrou o 20 de novembro de 2003, no Manchita..

Unha cea vegana, algunha sesión de música, unha “resucitadora” festa de defuntos, farían do “Manchita” o escenario para comezar a divulgar a proposta e recadar os primeiros fondos para a adquisición das equipas técnicas. Sen esquecer a primeira edición do “Conspirando por unha radio libre”, o 8 de abril de 2004, xoves “santo”, que supuso o espaldarazo definitivo á iniciativa  e da que vos falaremos noutros capítulos.

Outros locais de colectivos que acolleron as primeiras Asembleas do incipinte Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, foron: a Fundaçom Artábria [daquela na rúa Madalena] ou, mesmo, o Clube de Montaña de Ferrol en Canido.

Co fin de consolidar a iniciativa, apresentouse públicamente a proposta o 28 de novembro de 2003, nunha Asemblea aberta no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán. A importancia desta convocatoria é determinante na historia do colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM. Moitas das persoas que acudiron a ela se integraron no proxecto, o que fixo do Colectivo un grupo aínda máis heteroxéneo, que validara a pretensión de crear unha radio libre e comunitaria na nosa bisbarra.

Daquela, se comezou a traballar en Comisións coordinadas, co fin de abordar as diferentes frontes: organización, divulgación, técnica ou financiamento. O Ateneo pasou a ser  base de operacións daquela Conspiranción nas ondas trasanquesas, acolléndonos con con agarimo e complicidade e convertíndose primeiro, na sede social do Colectivo, e despois no lugar donde se ubicaría o primeiro estudio de Rádio FilispiM, o lembrado “metro cadrado”, polas súas axustadas dimensións.

As emisións en probas de Rádio FilispiM, comezaron no mes de agosto de 2005, pero iso é outra historia que vos contaremos outro día..."

O COLECTIVO OPAÍÍ! – Rádio FilispiM.  A nosa história facémola nós. Fin do Capítulo 1


Unha produzón das persoas participantes no Curso de Técnicas de Radio-difusión básicas de Rádio FilispiM [11/06/2012]. 

Crónica: Pequeno Monstro.
Locución: Miguel R., Sabela, Patricia, Fran, Javier M., Xaime e Pequeno Monstro.



Imaxes: antiguo estudio de Rádio FilispiM [o "Metro Cadrado"], no vello Ateneo Ferrolán [Rúa Madalena, 202] + cartaz dun dos primeiros actos do Colectivo Opaíí!, unha Festa Resucitadora de Defuntos.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]