"A catástrofe ocasionada polo PRESTIGE é o resultado da cobiza sen límites de empresas que transportan mercadorías perigosas en barcos obsoletos e inseguros e da irresponsabilidade e incompetencia de autoridades que non se preocuparon por garantir adecuadamente o control do tráfico marítimo fronte ás nosas costas e non prepararon un plano de emerxencia para facer fronte a unha MAREA NEGRA." -> Federación Ecoloxista Galega
Canto as neglixencia das autoridades, algún dos seus "responsábeis" seguen a forman parte, 10 anos despois, do actual Goberno Español ou obstentan postos de responsabilidade: Fernández de Mesa [Director da Garda Civil] e Mariano Rajoy ["hilillos de plastelina"], que chegou a Presidente.
Hoxe en DIVERTIMENTO para pequenos monstros, recuperamos algúns dos audios que emitiamos hai 10 anos en Radio Fene, emisora local que daquela transmitía o noso espazo.
Contidos:
- Boletín Contramaré.
- Perfil de Fernandez de Mesa, según o boletín "Voz Libertaria", do desaparecido Ateneo libertario Francisco Iturralde de Ferrol.
- Audio do acto contra a Burla Negra. Ateneo Ferrolán, venres 31 de xaneiro de 2003 [Pepe Leira, Rosa Méndez...]
- Reportaxe sonora "Recortes dunha traxedia" -> Selección musical, edición e montaxe sonora: Pequeno Monstro.
En Ferrol-Terra, na FM no 93.9 do dial.
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.
Nenhum comentário:
Postar um comentário