O COLECTIVO OPAÍÍ! – Rádio FilispiM. A nosa história facémola nós. Capítulo 1º
"O proxecto de creación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol e bisbarra, remóntase ao mes de novembro do ano 2003, cando por iniciativa dalgúns afeccioados á comunicación e á radio en particular, algúns procedentes da desparecida radio universitaria de Serantes [Radio Kaos], se organizan as primeiras Asembleas donde se analisa a viabilidade e características dun proxecto deste tipo na nosa comarca.
Así, se compila información de experiencias similares noutros lugares de Galiza, Estado e resto do mundo e se chama á participación, de persoas involucradas en diversas iniciativas e colectivos da comarca [ou mesmo a título persoal], a unha primeira Asemblea que se celebrou o 20 de novembro de 2003, no Manchita..
Unha cea vegana, algunha sesión de música, unha “resucitadora” festa de defuntos, farían do “Manchita” o escenario para comezar a divulgar a proposta e recadar os primeiros fondos para a adquisición das equipas técnicas. Sen esquecer a primeira edición do “Conspirando por unha radio libre”, o 8 de abril de 2004, xoves “santo”, que supuso o espaldarazo definitivo á iniciativa e da que vos falaremos noutros capítulos.
Outros locais de colectivos que acolleron as primeiras Asembleas do incipinte Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, foron: a Fundaçom Artábria [daquela na rúa Madalena] ou, mesmo, o Clube de Montaña de Ferrol en Canido.
Outros locais de colectivos que acolleron as primeiras Asembleas do incipinte Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, foron: a Fundaçom Artábria [daquela na rúa Madalena] ou, mesmo, o Clube de Montaña de Ferrol en Canido.
Co fin de consolidar a iniciativa, apresentouse públicamente a proposta o 28 de novembro de 2003, nunha Asemblea aberta no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán. A importancia desta convocatoria é determinante na historia do colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM. Moitas das persoas que acudiron a ela se integraron no proxecto, o que fixo do Colectivo un grupo aínda máis heteroxéneo, que validara a pretensión de crear unha radio libre e comunitaria na nosa bisbarra.
Daquela, se comezou a traballar en Comisións coordinadas, co fin de abordar as diferentes frontes: organización, divulgación, técnica ou financiamento. O Ateneo pasou a ser base de operacións daquela Conspiranción nas ondas trasanquesas, acolléndonos con con agarimo e complicidade e convertíndose primeiro, na sede social do Colectivo, e despois no lugar donde se ubicaría o primeiro estudio de Rádio FilispiM, o lembrado “metro cadrado”, polas súas axustadas dimensións.
As emisións en probas de Rádio FilispiM, comezaron no mes de agosto de 2005, pero iso é outra historia que vos contaremos outro día..."
O COLECTIVO OPAÍÍ! – Rádio FilispiM. A nosa história facémola nós. Fin do Capítulo 1
Unha produzón das persoas participantes no Curso de Técnicas de Radio-difusión básicas de Rádio FilispiM [11/06/2012].
Crónica: Pequeno Monstro.
Locución: Miguel R., Sabela, Patricia, Fran, Javier M., Xaime e Pequeno Monstro.
Locución: Miguel R., Sabela, Patricia, Fran, Javier M., Xaime e Pequeno Monstro.
Nenhum comentário:
Postar um comentário