-Homenaje a Facundo Cabral- Su Vida, Sus Canciones, Monólogos y extracto de una entrevista de Radio Caracol a Facundo Cabral con motivo del proyecto de la película "Camino de Libertad" donde cuenta su historia.
-Fiestas de Ferrol 2011.
-Aula ecológica del Parque Reina Sofía(Ferrol).
-Marcha a pie a Mugardos el viernes 22 de Julio a las 17:00hrs desde Caranza a Mugardos por "Planta de Gas fora da Ría".
Música:
"No soy de aqui ni soy de allá"-canción de Facundo Cabral interpretada por Alberto Cortéz quien compartió 4 años de gira con el espectáculo "Lo Cortez no quita lo Cabral".
"Monólogo"-Facundo Cabral.
Conversa con Martinha do colectivo Acampada/Indignad@s Ferrol, quen nos falou das actividades deste colectivo logo do "levantamento" da Acampada na Praza 15 de Maio de Ferrol; dentre delas as xornadas polo "Dereito a unha vivenda digna" [experiencias de okupación Berlín-Caranza], charla-debate cuxo audio vos ofereceremos neste mesmo blogue en vindeiras entradas.
Entrevista a Xaquim e Monse integrantes da asemblea da Fundaçom Artábria de Ferrol, que esta fin de semana celebra o XI Festival da Terra e da Língua, no Moinho de Pedroso [Narom]. Falamos da atualidade desta consolidada Asociación da nosa comarca así como do programa do Festival e ouvimos música dos grupos participantes nas xornada dovenres [sexta feira] 15 e sábado 16 de xullo.
Rádio FilispiM, participará [previo convite da Fudaçom] na charla-debate sobre os medios de información [e contrainfo] xunto a profesionais de Galizacontrainfo, Novas de Galiza e Diário Liberdade. Vai ser este sábado a partir das 19:00 h. no propio recinto do Festival. Máis información en: http://www.artabria.net/
Rematamos a tempada, para elo, Raúl se adica a pinchar coma sempre, Alberto trae preparada
unha interesante recopilación, e Iago nos trae un temazo que vale por tres. Ah! Tamén
tivémola visita de Jacinto Duraleña, o poeta da leña, voltamos en setembro, desfrutade
o que queda de verán!
Martes, 12 de xullo, Emisión nº 55 de O Recuncho, o programa radiofónico da A.C. Fuco Buxán
cos seguintes contidos:
Entrevista no estudio a Irene Sabaté, profesora da Universidade de Barcelona.
tema: “A formación reglada e o traballo industrial”.
José Torregrosa, no seu espazao “O espertar da razón” falará do Códice Calixtino e da Ópera de tres reás.
Victor Novás traerá novidades editoriales e de documentais.
As noticias breves de Fuco Buxán.
O apartado de poesía, de Lorena Calaza, oferta poemas da poeta asturiana Olvido García Valdés.
Escoitaremos a voz e a música de Violeta Parra.
Dálle que dálle nas ondas é un programa de radio da Comunidade Educativa da Escola Rural de Lago [Valdoviño] en Rádio FilispiM, 93,9 FM.
Nesta edición, do pasado lun 27 de xuño de 2011, realizan un programa especial denunciando as intencións da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia de fechar a Escola. Nais, pais e mestra, cóntannos todos os detalles na gravación, da que recomendamos a súa atenta escoita pola trascendencia da cuestión.
Na actualidade, grazas a pronta resposta da Comunidade Educativa desta centro [unha proba delo é este mesmo programa de radio] a Administración galega do público, ten recuado nas súas pretensións, aló menos "de palabra". Con todo, a loita e preocupación dos pais e nais da Escola continúa latente, logo dos recortes anunciados ao ensino público para o vindeiro curso académico [redución de profesorado, de unidades didácticas... ] que van afectar a moitos outros centros educativos públicos da nosa comarca.