Neste programa:
- Conversa con Martinha do colectivo Acampada/Indignad@s Ferrol, quen nos falou das actividades deste colectivo logo do "levantamento" da Acampada na Praza 15 de Maio de Ferrol; dentre delas as xornadas polo "Dereito a unha vivenda digna" [experiencias de okupación Berlín-Caranza], charla-debate cuxo audio vos ofereceremos neste mesmo blogue en vindeiras entradas.
- Entrevista a Xaquim e Monse integrantes da asemblea da Fundaçom Artábria de Ferrol, que esta fin de semana celebra o XI Festival da Terra e da Língua, no Moinho de Pedroso [Narom]. Falamos da atualidade desta consolidada Asociación da nosa comarca así como do programa do Festival e ouvimos música dos grupos participantes nas xornada do venres [sexta feira] 15 e sábado 16 de xullo.
Descargar o audio
Nenhum comentário:
Postar um comentário