Dálle que dálle nas ondas é un programa de radio da Comunidade Educativa da Escola Rural de Lago [Valdoviño] en Rádio FilispiM, 93,9 FM.
Nesta edición, do pasado lun 27 de xuño de 2011, realizan un programa especial denunciando as intencións da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia de fechar a Escola. Nais, pais e mestra, cóntannos todos os detalles na gravación, da que recomendamos a súa atenta escoita pola trascendencia da cuestión.
Na actualidade, grazas a pronta resposta da Comunidade Educativa desta centro [unha proba delo é este mesmo programa de radio] a Administración galega do público, ten recuado nas súas pretensións, aló menos "de palabra". Con todo, a loita e preocupación dos pais e nais da Escola continúa latente, logo dos recortes anunciados ao ensino público para o vindeiro curso académico [redución de profesorado, de unidades didácticas... ] que van afectar a moitos outros centros educativos públicos da nosa comarca.
Descargar o audio
Máis info no blogue da Escola Rural de Lago-Valdoviño -> http://escoladelago.blogspot.com
Nenhum comentário:
Postar um comentário