Pesquisar neste blog

17 abril, 2010

O Recuncho nº 28

Estimado@s compañeir@s, este sábado 10 de Abril tivemos un novo programa de O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.

Neste programa destacamos os seguintes contidos:

  • En directo, no estudo de radio Filispim o pintor Víctor García Novás e o poeta Juan Carlos Valle “Karlotti” presentando a exposición “El color de la dignidad”.
  • Escoitamos as verbas de Xose Manuel Beiras, hitórico político galego.
  • Falamos con Santiago, propulsor da iniciativa Pucha Kucha en Ferrol, a cal se realizou por primeira vez na nosa cidade no teatro Jofre.
  • Na sección poética, levada por Fernando Ocampo, Jose Agustín Goytisolo.
  • Coma de cotiá, José Torregrosa coa sú sección “O despertar da razón”.


Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.

Descargar o arquivo



16 abril, 2010

Divertimento - Serie: Pensamento 3 - Quen es, que fas.

Terceiro capítulo da serie PENSAMENTO 3, dentro de Divertimento para pequenos monstros [Rádio Filispim]. Como o resto dos capítulos, programa recuperado grazas as gravazóns caseiras realizadas polos propios ouvintes da serie, emitida orixinalmente cara o ano 1989 dentro de Caravana de Hormigas [Radio 3, RNE], e hoxe ao dispór de tod@s na rede.

Nesta ocasión o profesor Agustín García Calvo, fala cos seus ouvintes sobre o "Quen es, que fas".

Nas súas reflexóns intrudotorias ele di:

"As masas están compostas de individuos e, xa que logo, eu como ser real son idéntico coas masas e con quen as manexan, coas instancias superiores do capital, do Estado.

Esta é unha cuestión que se pode revelar en todos os terreos. Por exemplo, nas artes na relación entre o cadro e a figura, asistimos a esta substitución do cadro da obra pola figura.


En efecto, xa ninguén pode lembrar os sentimentos e utilidades que un cadro, unha obra, unha escultura púidolle proporcionar na súa casa ou na vía pública, sospéitase que esas obras non serven para nada, na medida en que a ninguén lles ocasiona pracer nin descubrimento. Na mesma medida, a sinatura vaise agrandado até recubrir o cadro enteiro.

Así, un Picasso quer dicer un anaco de tea [ou do que sexa] que ten a sinatura de Picasso e para distinguir entre os Picassos que levan a súa sinatura, hai que medir por metros cadrados. Non é o mesmo un Picasso de medio metro cadrado que un dun metro, teñen diferente valor.


Como sempre, atender ao diñeiro é esencial, precisamente por ser "a forma" o engano por excelencia, a especie de identidade sublime e ideal que é o diñeiro. Ela [a forma] débenos guiar en todas as análises, da vida cotiá e da vida pública.


O "facer" unha cousa é o contrario ao "ser" alguén, ser un nome propio, ser un ser real. Isto é o difícil de descubrir porque os medios de formación de masas, os políticos, a cultura, imponnos a crenza de que o "facer" redúcese ao "ser".

Así é como nas artes a sinatura [o quen é, o quen fai] substitúe ao facer, e iste facer chega a ser simplemente un pretexto para chegar a ser..."
.

Pois nada, monstros, a seguir sendo. A vindeira semana un novo capítulo da serie PENSAMENTO 3, aquí onde parades vós.

Debuxo: un Picasso de merda.

14 abril, 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/historicos: Oitenta_Vinilos [Cap.9]

No noveno [e penúltimo] capítulo da serie Oitenta Vinilos, producida por Divertimento para pequenos monstros hai cinco anos para Radio Fene, escoitamos a música de:
- Sector B
- Polanski y el Ardor

E xa no panorama local ferrolterráqueo, dos dousmil, ouvimos a:
- La Nev Diva
- Traje de Saliva
- Nolotil + Soma

Actualmente Rádio Filispim xa non está a emitir esta serie, mais dado o exito de escoitas nos pod-cast da serie Oitenta Vinilos oferécemosvos os dous últimos capítulos da mesma, co anuncio de que non descartamos gravar unha nova tanda de programas nun futuro. Agardamos as vosas suxestións para ilo.

Polo de agora atoparedes todos os capítulos desta serie no blog www.pequenosmonstros.blogspot.com, procurando na etiqueta da marxe "Serie: Oitenta Vinilos".

Monstrosos saúdos!.

Pequeno monstro.

Foto: Polanski y el Ardor


Descargar o arquivo



O Souto xa ten o seu blogue!

O programa de ecoloxía e meio ambiente de ADEGA-Trasancos xa ten o seu blogue.

Deste xeito poderás ter acceso a todos os programas que está a emitir a Rádio FilispiM, producidos por este colectivo ecoloxista, para escoitalos de vagar ou mesmo baixalos para a súa redifusión en medios libres e comunitarios de todo o mundo.

O seu contiudo irase completando co tempo, mais xa dispón dun taboleiro de mensaxes donde poder comentarlle ou suxerirlle ao Nês todo o que queiras.

Podes acceder ao blog en: http://osoutodeadega.blogspot.com

Na grella 2010-2011, O Souto, pode ouvirse ao través das ondas libres de Rádio Filispim, 93.9 FM:
  • Segundas feiras (martes) de 20:00 á 21:00 h [directo!] - [Tfno estudio: 675.431.341]
  • Quintas (xoves) de 12:00 á 01:00 h. da madrugá e de 10:00 a 11:00 h. da mañá.
  • Sábados de 16:00 á 17:00 h.
O último dos seus programas tamén podedes ouvilo neste enlace:

Descargar o arquivo



12 abril, 2010

Programa especial - Manifestación en defensa da Sanidade Pública [Ferrol]

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, diante do grave deterioro ó que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso que con esta Área ten a Xunta de Galicia e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular respecto da Sanidade Pública, convocou para o día 11 de abril unha Manifestación Comarcal, a cal reflexou na rúa o descontento e o rexeitamento destas medidas por parte do conxunto da cidadanía da comarca. A manifestación partiu ás 12 do mediodía do Ambulatorio Fontenla Maristany.

A día de hoxe a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol esta composta por máis de 40 entidades e segue aberta a novas incorporacións. Podedes ler o ideario da plataforma na sección MANIFESTO do blog:

Plataformadspferrol.blogspot.com

O Colectivo Opaii, Rádio FilispiM, decidiu cubrir a manifestación en directo con a realización dun programa especial e intentou recoller o sentir da manifestación.

Descargar o arquivo



11 abril, 2010

Spanglish 9 abril 2010


Set list Spanglish do venres 9 de abril de 2010:

  • Carlo Coupé - Música para un guateque sideral - Dos Manhattans por favor
  • David Byrne y Fatbot Slim - Here Lies Love - Eleven Days (con Cyndi Lauper)
  • Pink Bazooka – Nursery
  • La leyenda de la ciudad sin nombre - Director Joshua Logan
  • Delorean – Ayrton Senna – Deli
  • Hidrogenese – Animalitos - Disfraz de tigre
  • Eclecteck - Komiks Musik – We are going to eclecfunk your ass
  • Kula Shaker - Hush
  • Novedades Carminha – Te vas con cualquiera - Echame gel
  • Noise Project – A pedra de afiar
  • Artic Monkeys – Humbug – Dance little liar

Descargar o arquivo


07 abril, 2010

Divertimento - Serie: Pensamento 3 - Economía, o diñeiro.

Segundo capítulo da serie Pensamento 3, emitida orixinalmente dentro do programa Caravana de Hormigas de Radio 3 [RNE], no ano 1989.

Nesta ocasión o profesor Agustín García Calvo diserta cos ouvintes sobre a economía e o diñeiro.

Ao principio e final desta serie de Divertimentos, escoitarán os ouvintes a versión instrumental do Himno da Comunidade de Madrid, cuxa letra foi escrita por Agustín García Calvo e música por Pablo Sorozábal Serrano.

Estes espazos, na súa emisión orixinal en Radio 3, estaban antecedidos pola versión interpretada por un coro de dito Himno, mais polo momento non fun capaz de atopar dita versión. O certo é que o mencionado Himno, pese a ser oficial, non é reproducido nos actos da Comunidade de Madrid. A letra non ten desperdizo, nela atopanse alfaias do tipo: “Y en medio del medio, Capital de la esencia y potencia, garajes, museos, estadios, semáforos, bancos, y vivan los muertos…”. Podes ver o texto integro neste enlace: letra completa.

Para completar a hora de duración deste Divertimento incluimos ao final unha versión cantada nunha das charlas de Agustín no Ateneo de Madrid, un 1 de abril de 2008, donde o ferrolán Principe Galín fai de mestre de cerimonia e “cantor”. Podes ver o video neste enlace: video.

Este Divertimento para pequenos monstros, finda coa peza “Libre te quiero", na voz de Amancio Prada, un canto de amor libertario, sen posesión, de cuxa letra é autor o propio Agustín García Calvo.

Máis nada, ficades con Pensamento 3 [Economía, o diñeiro]. Volvemos a vindeira semana aquí, onde paran os monstros.

Descargar o arquivo


Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]