A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, diante do grave deterioro ó que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso que con esta Área ten a Xunta de Galicia e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular respecto da Sanidade Pública, convocou para o día 11 de abril unha Manifestación Comarcal, a cal reflexou na rúa o descontento e o rexeitamento destas medidas por parte do conxunto da cidadanía da comarca. A manifestación partiu ás 12 do mediodía do Ambulatorio Fontenla Maristany.A día de hoxe a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol esta composta por máis de 40 entidades e segue aberta a novas incorporacións. Podedes ler o ideario da plataforma na sección MANIFESTO do blog:
Plataformadspferrol.blogspot.comO Colectivo Opaii, Rádio FilispiM, decidiu cubrir a manifestación en directo con a realización dun programa especial e intentou recoller o sentir da manifestación.
Descargar o arquivo
Nenhum comentário:
Postar um comentário