Terceiro capítulo da serie PENSAMENTO 3, dentro de Divertimento para pequenos monstros [Rádio Filispim]. Como o resto dos capítulos, programa recuperado grazas as gravazóns caseiras realizadas polos propios ouvintes da serie, emitida orixinalmente cara o ano 1989 dentro de Caravana de Hormigas [Radio 3, RNE], e hoxe ao dispór de tod@s na rede.
Nesta ocasión o profesor Agustín García Calvo, fala cos seus ouvintes sobre o "Quen es, que fas".
Nas súas reflexóns intrudotorias ele di:
"As masas están compostas de individuos e, xa que logo, eu como ser real son idéntico coas masas e con quen as manexan, coas instancias superiores do capital, do Estado.
Esta é unha cuestión que se pode revelar en todos os terreos. Por exemplo, nas artes na relación entre o cadro e a figura, asistimos a esta substitución do cadro da obra pola figura.
En efecto, xa ninguén pode lembrar os sentimentos e utilidades que un cadro, unha obra, unha escultura púidolle proporcionar na súa casa ou na vía pública, sospéitase que esas obras non serven para nada, na medida en que a ninguén lles ocasiona pracer nin descubrimento. Na mesma medida, a sinatura vaise agrandado até recubrir o cadro enteiro.
Así, un Picasso quer dicer un anaco de tea [ou do que sexa] que ten a sinatura de Picasso e para distinguir entre os Picassos que levan a súa sinatura, hai que medir por metros cadrados. Non é o mesmo un Picasso de medio metro cadrado que un dun metro, teñen diferente valor.
Como sempre, atender ao diñeiro é esencial, precisamente por ser "a forma" o engano por excelencia, a especie de identidade sublime e ideal que é o diñeiro. Ela [a forma] débenos guiar en todas as análises, da vida cotiá e da vida pública.
O "facer" unha cousa é o contrario ao "ser" alguén, ser un nome propio, ser un ser real. Isto é o difícil de descubrir porque os medios de formación de masas, os políticos, a cultura, imponnos a crenza de que o "facer" redúcese ao "ser".
Así é como nas artes a sinatura [o quen é, o quen fai] substitúe ao facer, e iste facer chega a ser simplemente un pretexto para chegar a ser...".
Pois nada, monstros, a seguir sendo. A vindeira semana un novo capítulo da serie PENSAMENTO 3, aquí onde parades vós.
Debuxo: un Picasso de merda.
Nenhum comentário:
Postar um comentário