Pesquisar neste blog

12 novembro, 2009

O Colexio público de Masdías [Caranza] en loita. / Agresión racista en Ferrol.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg9-NBaoWObT8ocTapnExaV4J8LfyT6nnq71YMqn37VNWUFy3wWrDZcn1Ugtb28Z2Qaszy2sGO_7P3N_FJBbF8oZ464T_F91VYImj9MXYJAYhCT8ZZ7QVEn0GK0A_JwM0KZv3MJ/s1600/RFM+Informativos.jpg

Un novo alento ás reivindicacións do "Masdias" cun peche no Concello de Ferrol
Representantes da comunidade educativa do Colexio Público "Masdias" de Caranza pechan-se no Pazo Municipal do Concello de Ferrol



A Comunidade educativa do Manuel Masdias sigue intentando que a Consellaría de Educación dé solución aos problemas que impiden que o curso 2009-2010, se estexa desenvolvendo coa normalidade necesaria.

Son moitas as iniciativas que esta comunidade leva desenvolvendo para solicitar unha saída para as súas reivindicacións. As características do alumnado, sobre todo a incorporación de alumnado que ven doutros centros, impide unha mínima atención educativa dado que non se conta co profesorado necesario para atender as necesidades educativas especiais que prantexa o claustro, a dirección e a ANPA.




Até o momento a delegación territorial só concedeu unha mestra interina ao 50% da xornada lectiva. Os encerros no centro, as marchas a pé das familias até a delegación de Ferrol, ou a viaxe á delegación territorial d'A Coruña, non conseguiron alertar da urxencia de dotar convenientemente este centro por parte do Conselleiro Jesús Vázquez. Esto motivou unha nova mobilización por parte das familias e profesorado, nesta ocasión cun encerro na casa consistorial de Ferrol. A alcaldia anunciou o apoio às reivindicacións desta comunidade educativa. Apoio, ao que se agarda se sumen distintas organizacións políticas e sociais da comarca, coñecedoras do labor educativo que se ven realizando no barrio, sendo o único centro público que imparte educación infantil e primaria, sobrevivindo a unha importante competencia por parte dos centros privados concertados, de confesión católica.

Mentras se fai ver a través dos medios de comunicación, que o alumnado dos centros educativos perde interese e respeto polo traballo do profesorado, os sectores sociais máis desfavorecidos ven vulnerado o dereito básico a unha educación de calidade, que no centro Manuel Masdias pasa por conseguir o profesorado de apoio que se precisa. A figura do mestre ou mestra, queda así vinculada unha vez máis ás necesidades básicas da infancia. Que esta reivindicación básica non sexa atendida, só pode vincularse con un retroceso social en canto á escolarización universal de todos os nenos e nenas, independentemente da súa orixe económica, etnia, relixión ou condicións de saúde física ou mental.

http://artabra21.blogspot.com/2009/11/un-novo-alento-as-reivindicacions-do.html

Nota.- Nova tirada de Artabra21
Nota.- Fotos da web de RadioFusión

Descargar o arquivo


Unha familia de orixe chilena denuncia un intento de agresión racista en Ferrol

Demándalle ao goberno español que aclare a existencia de colectivos xenófobos na cidade e pide explicacións sobre unha suposta falta de dilixencia policial.

Os feitos denunciados ocorreron na cidade de Ferrol o pasado 4 de outubro. Segundo a denuncia dun cidadán de orixe chilena, a súa familia foi vítima dun intento de agresión racista e xenófoba. Na noite daquel domingo foron increpados e ameazados verbal e fisicamente "por un grupo dunhas 30 persoas que proferían insultos racistas e moitas ameazas". A filla do denunciante, tamén vítima, chamou á policía en dúas ocasións, mais non foi atendida: "na primeira chamada dixeron que non podían facer nada porque non era a súa competencia e na segunda reiteraron que non podían actuar". Segundo explican houbo, ademais, unha terceira chamada que non tivo contestación.

Brote de racismo ou grupos organizados?
O Foro Galego de Inmigración (FGI) manterá unha xuntanza este mércores co subdelegado do goberno español na Coruña. Coa presenza desta persoa denunciante, preguntaranlle a Manuel Pose sobre a posíbel existencia de colectivos xenófobos na cidade de Ferrol. Este non é o primeiro episodio racista vivido nos últimos meses, logo dunha experiencia similar cun cidadán senegalés, e os diferentes colectivos temen que poida ser algo máis que un brote esporádico de xenofobia.

"Cónstanos que o subdelegado esperou a darnos unha data para a xuntanza a ter os correspondentes informes policiais", explica Miguel Fernández, do Foro Galego de Inmigración. "Queremos que se nos informe se hai constancia da existencia de grupos cun certo contido ideolóxico racista ou de extrema dereita e que o que se está a facer para evitar actuacións coma esta", explica. "Queremos que se investigue e se informe sobre se existe algún tipo de estrutura, de organización ou simplemente, neste caso puntual, a acción foi obxecto dun grupo de mozos borrachos".

Falta de resposta policial
Doutra banda, tanto as organizacións de inmigrantes como o propio denunciante alertan sobre a falta de dilixencia por parte da policía. Así, piden "que se clarexe o antes posíbel se houbo unha deixación de responsabilidades por parte da Policía Nacional de Ferrol", que atende o servizo do 091. O Foro Galego de Inmigración considera "de máximo interese unha aclaración por parte da máxima autoridade provincial en temas de seguridade diante desta denuncia contrastada e apoiada polo propio Concello de Ferrol".

Este colectivo tamén preguntará a Pose polas intervencións "con excesivo celo" por parte das forzas de orde pública coas persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa. "Entendemos que se están a levar a cabo actuacións desmesuradas", explica Fernández, "que se está a prestar unha excesiva atención a este colectivo".

http://www.vieiros.com/nova/77153/unha-familia-de-orixe-chilena-denuncia-un-intento-de-agresion-racista-en-ferrol

http://forogi.wordpress.com/2009/11/10/comunicado-de-prensa-3/

Nota.- Nova tirada de Vieiros.com

Descargar o arquivo

11 novembro, 2009

Prendem lume ao local da A.V.V. de Meá

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg9-NBaoWObT8ocTapnExaV4J8LfyT6nnq71YMqn37VNWUFy3wWrDZcn1Ugtb28Z2Qaszy2sGO_7P3N_FJBbF8oZ464T_F91VYImj9MXYJAYhCT8ZZ7QVEn0GK0A_JwM0KZv3MJ/s1600/RFM+Informativos.jpg

A Asociación de Veciños “O Cruceiro” de Mehá, na tarde do martes 10 de Novembro, presentou denuncia ante a Garda Civil de Mugardos, por unha nova agresión sufrida dentro do seu propio local, situado na travesía dá Pedreira.
Persoa ou persoas descoñecidas accederon ao local e plantaron lume á documentación alí gardada, relativa á Asociación e ao Comité Cidadán de Emerxencia, do que forma parte.
A chegada dunha das socias impedíu que o incendio tomase maior envergadura.
Non se notou en falta nada do alí gardado, o que vén demostrar que o obxectivo da agresión era destruír a documentación citada.

O 10 de Novembro, o Comité Cidadán de Emerxencia, facía pública a súa satisfacción pola resolución do Tribunal Supremo, favorable ao recurso interposto pola Plataforma dos Praceres, ordenando a reposición ao seu estado natural do recheo do porto de Marín, por carecer de Estudo de Impacto Ambiental.
O Comité Cidadán, espera similar resolución respecto da Planta de Gas de Reganosa, en Mugardos, que carece tamén de Estudo de Impacto Ambiental, tal como sinalan nas sentenzas do TSXG, recorridas pola Xunta ao TS., ademáis, neste caso, do gravísimo perigo que a súa localización supón, para as persoas, os postos de traballo, os bens e o sistema ecolóxico da súa contorna, que continuamente vimos denunciando.

Descargar o arquivo

Komunikando #06

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhqIGH2LRr3_pw8oinfAHxtjKpgG57UvZQRl2d250s3tcDT7VMUlBbrihoLRYz0QRp6Js_tgYo4bzCKqSKZPgDL3swip-58dKy2EZDFaPOyNFR3lHWaj6ReYXE7Y3ACNo_NByEy/s1600/komunikando.jpg

Komunikando #06 do 10 de Outubro de 2009
  • Certame musical para o Pressing Catch de Berrobambán
  • Ataque Escampe em Vigo pola língua
  • Festiva A Rebusca em Manzaneda
  • Somos un pobo de artistas
  • CD Vozes Novas
  • República Billarda
  • Concertos
Descargar o arquivo

07 novembro, 2009

Spanglish 06 de novembro 2009

O set list de Spanglish do venres 6 de novembro foi:
  • Standstill - “Memories Collector Doc”
  • Standstill - “Aire”
  • Standstill – “1997 – 2007. Diez años y una zanahoria”
  • Nick Cave (voice) - “The Cat piano”
  • Nick Cave & The Bad Seeds – “Dig, Lazarus, Dig!!!”
  • Nick Cave and Polly Jean Harvey - "Henry Lee"
  • PJ Harvey – “Interview 1995 Toronto
  • PJ Harvey - “Passionless, polintless”
  • Niños Mutantes – “Entrevista 2008 Granada”
  • Niños mutantes – “El sol de invierno”


Descargar o arquivo

04 novembro, 2009

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Traje de Saliva.

Traje de Saliva foi un grupo que naceu en Vigo no ano 1998 baixo os auspicios espirituais de Mon Ninguén e Una Vena. Daquela, por cuestións laborais, Mon andaba por Ferrol e un bon día un tal Suso Suciedad presentoullo ao Pequeno Monstro. Ise foi o prinicipio do fin.

Traían baixo o brazo un mini cedé (Ep) titulado "El Cuerpo y la Ciudad" (1999) e o seu primeira duración "Mima" (2000). Con todo ese material os Pequenos Monstros decidimos que xa era dabondo, polo que secuestrámolos durante unha hora no estudio de Radio Fene, naqueles tempos refuxio do Divertimento.

Baixo o manto sonoro daqueles dous primeiros traballos de Traje de Saliva, un dezaséis de febreiro de 2001, cometimos unha entrevista-crime que comeza inocentemente (para despistar) e remata con preguntas do tipo:

- Sentídevos sós en todo isto?
- Considerádevos uns intelectuais do mundo?
- Vedes a televisión?
- Que comedes normalmente?
- Pensades que poderedes comer algún día das vosas músicas?
- Enviariades a vosa música ao espacio exterior?
- Que pensades das vacas tolas e todo iso?

Pois nada, que disfrutedes do audio e a próxima semana haberá máis aquí en Divertimento para pequenos monstros.

Descargar o arquivo


Nota: a gravación orixinal da entrevista foi realizada en pletina de casete nos estudios de Radio Fene. Debido a un problema técnico de dito aparato apreciaredes desfases na velocidade de reproduzón. Quero subliñar isto xa que para ouvir na súa plenitude a música de Traje de Saliva debedes ou mercar os seus discos, baixárvolos [se vos deixan] ou procurar outras fórmulas alternativas [latrocinios varios...]. Nesta gravación defectuosa semella que os Traje de Saliva desafinanban, o que non é certo, o problema de son débese ao referido problema técnico.

01 novembro, 2009

Fotos da VII Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán



Aquí tedes as fotos do que foi a VII Sessiom Vermú do Colectivo OPAII-RFM e o Ateneo Ferrolán, presentando a nova grelha de programaçom de Rádio FilsipiM para a tempada 2009-2010.


Também podes escoitar o programa especial que realizamos durante a VII Sessiom Vermú o 31 do 10 de 2009, na que presentamos os programas e escoitamos ao grupo de música folk da Terra de Trasancos BOJ.

Descargar o arquivo

Spanglish 30 de outubro 2009


O set list de Spanglish do venres 30 de outubro de 2009 "Special Japan" foi:

  • Fox loco phantom – Chaotic monster – Tokyo rocks
  • Maximum the hormone – Zetsubou Billy
  • Igloo – Shibuya
  • Tujiko Noriko – From Tokyo to Naiagara – Tokyo tower
  • Hanawa Rock - 僕の名前
  • Tokyo police club – Elephant shell – your English is good
  • Tokyo sex destruction – Break-out town
  • Benjamin biolay – Négatif – Chaise à Tokyo
  • The Vapors – Turning Japanese
  • Susumu yokota – Kinoshitade
  • Your song is good – The action – A man from the new town

Descargar o arquivo

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]