Traje de Saliva foi un grupo que naceu en Vigo no ano 1998 baixo os auspicios espirituais de Mon Ninguén e Una Vena. Daquela, por cuestións laborais, Mon andaba por Ferrol e un bon día un tal Suso Suciedad presentoullo ao Pequeno Monstro. Ise foi o prinicipio do fin.
Traían baixo o brazo un mini cedé (Ep) titulado "El Cuerpo y la Ciudad" (1999) e o seu primeira duración "Mima" (2000). Con todo ese material os Pequenos Monstros decidimos que xa era dabondo, polo que secuestrámolos durante unha hora no estudio de Radio Fene, naqueles tempos refuxio do Divertimento.
Baixo o manto sonoro daqueles dous primeiros traballos de Traje de Saliva, un dezaséis de febreiro de 2001, cometimos unha entrevista-crime que comeza inocentemente (para despistar) e remata con preguntas do tipo:
- Sentídevos sós en todo isto?
- Considerádevos uns intelectuais do mundo?
- Vedes a televisión?
- Que comedes normalmente?
- Pensades que poderedes comer algún día das vosas músicas?
- Enviariades a vosa música ao espacio exterior?
- Que pensades das vacas tolas e todo iso?
Pois nada, que disfrutedes do audio e a próxima semana haberá máis aquí en Divertimento para pequenos monstros.
Descargar o arquivo
Nota: a gravación orixinal da entrevista foi realizada en pletina de casete nos estudios de Radio Fene. Debido a un problema técnico de dito aparato apreciaredes desfases na velocidade de reproduzón. Quero subliñar isto xa que para ouvir na súa plenitude a música de Traje de Saliva debedes ou mercar os seus discos, baixárvolos [se vos deixan] ou procurar outras fórmulas alternativas [latrocinios varios...]. Nesta gravación defectuosa semella que os Traje de Saliva desafinanban, o que non é certo, o problema de son débese ao referido problema técnico.
Nenhum comentário:
Postar um comentário