A Asociación de Veciños “O Cruceiro” de Mehá, na tarde do martes 10 de Novembro, presentou denuncia ante a Garda Civil de Mugardos, por unha nova agresión sufrida dentro do seu propio local, situado na travesía dá Pedreira.
Persoa ou persoas descoñecidas accederon ao local e plantaron lume á documentación alí gardada, relativa á Asociación e ao Comité Cidadán de Emerxencia, do que forma parte.
A chegada dunha das socias impedíu que o incendio tomase maior envergadura.
Non se notou en falta nada do alí gardado, o que vén demostrar que o obxectivo da agresión era destruír a documentación citada.
O 10 de Novembro, o Comité Cidadán de Emerxencia, facía pública a súa satisfacción pola resolución do Tribunal Supremo, favorable ao recurso interposto pola Plataforma dos Praceres, ordenando a reposición ao seu estado natural do recheo do porto de Marín, por carecer de Estudo de Impacto Ambiental.
O Comité Cidadán, espera similar resolución respecto da Planta de Gas de Reganosa, en Mugardos, que carece tamén de Estudo de Impacto Ambiental, tal como sinalan nas sentenzas do TSXG, recorridas pola Xunta ao TS., ademáis, neste caso, do gravísimo perigo que a súa localización supón, para as persoas, os postos de traballo, os bens e o sistema ecolóxico da súa contorna, que continuamente vimos denunciando.
Descargar o arquivo
Nenhum comentário:
Postar um comentário