Pesquisar neste blog

21 dezembro, 2025

SÁBADOS NO CRUCEIRO - PROGRAMA 38

  • Voltamos ao Campus Industrial de Ferrol para coñecer o programa Espazo compartido da man da súa DIrectora a Prof. Montse Muriano. 
  • Conversamos coas estudantes Clara Souto e Irene Rodríguez que veñen de recibir premios polos seus traballos de find e grao en temática de emprendemento.
  • Falamos con Belén González e Laura Camila Velasco que veñen de participar na 7 edición do Sustainable Challenge. 
  • Rematamos con pildoras formativas do proxecto ApS (Aprendizaxe Servizo) que realizaron estudantes do grao en RRLL e RRHH sobre alfabetización dixital.

Podes escoitar Sábados no Cruceiro os Sábados ás 16:00 en Radio Filispim e ás 19:00 en Radio Fene




ESCOITAR:

Universo Nosso - Programa 2 da temporada 03

 21/12/2025

A Brincarmos na Rádio Filispim!

No domingo 21 de dezembro de 2025 voltamos à rádio para elaborar e emitir ao vivo o segundo programa da terceira temporada de "Universo Nosso", um programa em galego feito por crianças!  

Desta vez tivemos a companhia de Eume, Itxaso, Artai Cortizas, Icía, Loaira, Rita, Lenda, Andreia, Xoel, Artai, André, Xoel e Aldán  para falar sobre várias coisas.

Repassamos as actividades organizadas pelo colectivo Brincarmos, falamos sobre o prémio que ganhamos.  Tivemos a companhia de Pim e André que nos falaram sobre a obra de teatro "Fantasía Castelao". Ouvimos a entrevista que fizemos a Brais das Hortas. falamos sobre as mais variadas tradições ligadas às festividades do Natal e acabamos a cantar uma linda panxolinha.  

Que bem o passamos! 

Muito obrigado a toda a equipa!






17 dezembro, 2025

O Faladoiro nº 17 - As drogas (16/12/2025)

Ana Mariño, Suso "Manchita e Gerardo Sabio, no centro da imaxe

Na última edición de O Faladoiro de FilispiM do ano 2025 falamos das drogas e fixémolo con persoas cuxa opinión, dun ou doutro xeito, é valiosa e cercana.

Para elo convidamos a:

  • Ana Mariño, especialista en mediciña interna e enfermidades infecciosas en VIH, xubilada do CHUF.
  • Gerardo Sabio, sicólogo clínico responsábel de ASFEDRO (Caranza-Ferrol).                                 
  • Jesús García Eiroá, Suso "Manchita", resposábel do Manchita Cosa, mítico espazo da noite ferrolá que vén de cumprir 22 anos.

Condución do programa: Chelo, Vicente, Cesio e Inacio. Produción e posprodución: equipa O Faladoiro da FilispiM. 

Boas e resposábeis Festas a todas e todos! Falámonos en 2026.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]