Conduce: Bruno Lopes Teixeiro.
Pesquisar neste blog
09 outubro, 2025
Fala a Resistência
Conduce: Bruno Lopes Teixeiro.
07 outubro, 2025
Infomativos semanais da FilispiM (6/10/2025)
Informativos semanais da FilispiM, 6 de outubro de 2025.
- A radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, Radio FilispiM, vese obrigada a marchar do punto de dial no que viña emitindo desde hai 19 anos. Conta o que está a pasar Ana fabaloba.
- Perante a nova ordenanza de ruídos do Concello de Ferrol a música galega berra ben forte: a cultura non é ruído (Antonio).
- Actividades da Asociación de Memoria Histórica Democrática (Fer).
- Proxeccion do documental “O segredo da Frouxeira” (Fer).
- Rádio FilispiM cubriu a manifestación nacional por Palestina en Compostela (Lupe).
- Radio Raposeira no Burla Verde. Entrevista a Paloma, compa envolvida na loita contra a mina de lítio en Covas do Barroso-Pt (Edu).
- Na “Máquina do tempo Filispiniana” afondamos na histórica luita de Ferrolterra contra a Pranta de Gas de Reganosa, co gallo da apertura en maio de 2025 dunha nova causa administrativa contra o entramado (André).
03 outubro, 2025
Metendo Baza (30-9-25)
Este é o primeiro dos programas que desde Teima Down Ferrol levaremos desde a radio Filispim; falamos da importancia de ter un espazo onde se escoiten as voces das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidade intelectuais, dos inicios da entidade, do primeiro local no barrio de Caranza, do Ferrol daquel momento, do noso amigo e colaborador, Fran Rey, músico da comarca e autor da música da cabeceira do programa, así como doutras músicas que se foron misturando con esa pequena historia da asociación entre os anos 19994 e o 2000. Continuaremos coñecendo a historia máis recente de Teima.
Produción e postprodución: Rádio FilispiM.
Participan: Manolo López, Sara Naveiras, Sara Bustabad e Merce Alonso.
Convidados: Chelo Carballal e Vicente Irisarri
02 outubro, 2025
JBMP#151 - Do rio até ao mar
"Jardim à beira mar plantado" é um programa de música portuguesa na Rádio Filispim conduzido por Jorge Mirancos.
Para qualquer contacto escrever ao email: jorgemirancos@gmail.com
Lista de temas:
01- "Shalom, Palestina" por José Mário Branco
02- "yalah Yalah, Ramalah" por Fermín Muguruza
03- "Palestina livre" por Os Decréptos
04- "Intifada" por Ska-P
05- "Palestina" por Txapelpunk
06- "Paz e liberdade para Palestina" por Antón K
07- "We teach life, sir" por Rafeef Ziadah
08- "Ao Ocaso" por Capicua e Toty Sa'med
09- "Bajo los escombros" por Residente e Amal Murkus
10- "Gaza still stands" por Mikrat
11- "Dammi Falastini" por Mohamed Assaf
12- "Hundred year hunger" por Billy Bragg