Informativos semanais da FilispiM, 6 de outubro de 2025.
- A radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, Radio FilispiM, vese obrigada a marchar do punto de dial no que viña emitindo desde hai 19 anos. Agora emite no 108.0 FM. Cóntanolo Ana Faba.
- Perante a nova ordenanza de ruídos do Concello de Ferrol a música galega berra ben forte: a cultura non é ruído (Antonio).
- Actividades da Asociación de Memoria Histórica Democrática (Fer).
- Proxeccion do documental “O segredo da Frouxeira” (Fer).
- Rádio FilispiM cubriu a manifestación nacional por Palestina en Compostela (Lupe).
- Radio Raposeira no Burla Verde. Entrevista a Paloma, compa envolvida na loita contra a mina de lítio en Covas do Barroso-Pt (Edu).
- Na “Máquina do tempo Filispiniana” afondamos na histórica luita de Ferrolterra contra a Pranta de Gas de Reganosa, co gallo da apertura en maio de 2025 dunha nova causa administrativa contra o entramado (André).
Nenhum comentário:
Postar um comentário