Pesquisar neste blog

25 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS - A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unha manifestación para o 3 de marzo.


A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unnha manifestación en Ferrol  este 3 de marzo.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unha unha manifestación en defensa da Sanidade Pública, contra as privatizacións, os recortes e o repago, o domingo día 3 de Marzo ás 12:00 h, dende Porta Nova (Praza de España).

A Plataforma reclama: 
• Por unha Sanidade Pública, gratuíta e universal para todos por igual.
• Pola posta en funcionamento do Hospital Naval ao 100%.
• Para que non pechen o Hospital Novoa Santos, ningún PAC e ningún consultorio (lembremos que a Xunta xa pechou o da Graña en Ferrol e o do Seixo en Mugardos).
• Construción dos novos Centros de Saúde en Narón, A Capela, Cedeira e Ares e ampliación do Fontenla Maristany.
• Construcción dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais, nunca comarca en que o amianto está a causar estragos.
• Poñer a andar o Plano de Mellora da Atención Primaria.
• Poñer a andar o Plano de Saúde Mental e Drogodependencia. Na nosa comarca entidades coma Asfedro e Lazos-Comité Antisida, están a sofrer os recortes; como resultado as prestación foron diminuindo peses ao incremento da demanda nestes tempos de crise.
• Pola redución das listas de espera.
• Derrogación do Decreto de Transporte Sanitario non Urxente.
• Asistencia sanitaria a inmigrantes sen papeis e maiores de 26 anos que nunca cotizaron.

O pasado domingo 17 de Febreiro, na Praza de Galicia de Narón, se realizou unha concentración baixo o nome de "Marea Branca" (non confundir coa explosión de solidariedade polo desastre ecolóxico do Prestige). Daquela, organizacións políticas, sindicatos, Colectivos e SOS Sanidade pública respaldaron a mobilización en defensa da sanidade pública, en rexeitamento da privatización sistemática que se ven realizando e que se pretende seguir, secundando unha mobilización xeral en todo o Estado. Escoitamos un fragmento do comunicado que se leu ese domingo 17 de febreiro, na Praza de Galiza de Narón. 


Audio: nova + cunha
Ir a descargar

Audio: Cunha
Ir a descargar

Redacción informativos RFM

23 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS - Marcha Mundial das Mulleres. O Concello prohibe debuxar siluetas de mulleres asasinadas.


Marcha Mundial das Mulleres. O Concello de Ferrol prohíbelles debuxar siluetas no chan, cando é asasinada unha muller por violencia machista.

Surreal e cruel.

A Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres da nosa comarca vén realizando dende hai máis de 5 anos concentracións de repulsa ao pé do Concello de Ferrol, cada vez que asasinan a unha muller vítima da violencia machista na Galiza, "nesas concentracións sempre debuxamos a silueta da muller asasinada", din elas.

Nas dúas últimas concentracións non puideron pintar as siluetas porque a Policía Local de Ferrol se achega e lles advirte que non poden proceder ao acto simbólico de debuxar a silueta da vítima,  xa que existen ordes da actual responsábel de Igualdade do Concello de Ferrol, Verónica Casal Míguez, de prohibirllas debuxar.

Dado que era unha orde da Concellaría de Igualdade, deciden solicitar unha reunión coa súa responsábel, Verónica Casal Míguez, mais ista se mantén na súa postura de prohibilles pintar a silueta  a muller asasinada, baseando a súa prohibición na Ordenanza municipal de ”Limpeza e recollida de residuos”, que prohibe fazer pintadas. 

Dende a organización de mulleres, pensan que "nin á Marcha MM nin ao conxunto da cidadanía da nosa Comarca lle ten que valer que o Grupo de Goberno do PP asimile unha acción de puramente simbólica de concienciación cívica, cun acto de puro vandalismo, máxime cando no transcurso de actividades deportivas (voltas ciclistas, etc) se fan pintadas no chan e non hai ningún tipo de problema".

Dada a situación, veñen de manter unha unha reunión cos grupos da oposición (EU, BNG e PSOE) os cuais decidiron que no vindeiro Pleno do día 28 de febreiro van presentar unha moción, donde ademáis unha representante da Marcha intervirá no Pleno.

Dende a Marcha MM nos piden que acudamos a este Pleno para amosar o noso apoio a esta moción, e para que a Marcha Mundial das Mulleres poda seguer debuxando no chan ao pé do Concello as siluetas das vítimas cada vez que é asasinada unha muller víctima da violencia machista.

"Imos acudir a este Pleno vestidas todas de negro como medida de protesta, todas as persoas que poidades, por favor, facede o mesmo", din elas.

Agárdanos a todas as persoas este xoves 28 de febreiro ás 19.00h no salón de plenos do Concello de Ferrol.


Ir a descargar

Redacción informativos RFM

22 fevereiro, 2013

Programa do Colectivo OPAII 22/02/2013


Varias novas da actualidade, como o twitter en galego e as movilizacións dos próximos 23F e24F; ou as medidas sobre emprego xuvenil. Damos um repaso à programaçom semanal da grelha filispiniana com os programas feitos na radio e que se actualizaron no blog do colectivo.

E moitas novidades musicais, unha elas, a nova maketa do compañeiro Pablo Montero, que como Kaos nos presenta Proscenio.




DIVERTIMENTO - Pesca de Neumáticos na Malata - Stop Desafiuzamentos Ferrol - Comisión U.E. abraiada na Ría - Cafetaría Warhol Vs CNT

O cabalo e o poni (foto: Susete Ferrol)
Divertimento para pequeno monstros (Rádio FilispiM, 93.9 FM). Edición do xoves 21/02/2013.
  • Campionato de Pesca de Neumático na Malata. Contacto telefónico con Marcos, un dos integrantes do Colectivo de Recuperación de Espazos Públicos, organizador do evento.
  • Manifestación Stop Desafiuzamentos en Ferrol. Audios do comunicado Ferrol.
  • Visita Comisión E.U. a Ría de Ferrol. Contacto telefónico con Lalán, Pte do Cmté. Cidadá de Emerxencia Ría de Ferrol. 
  • Cafetaría Warhol, despedimento e impago a unha empregada. Cobertura do sindicato de oficios varios en Ferrol. No estudio, Chema de CNT-Ferrol.
  • Pinchos,  baile popular e grande queimada.
Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.



Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com (etiqueta "Divertimento").

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails