Pesquisar neste blog

08 fevereiro, 2013

Carlos Callón: A Mesa deixará de existir cando poidamos vivir en galego con normalidade


Ponte en Galego nº 3

Así se expresou Carlos Callón diante do reporteiro Carlos Mosqueira, horas antes da manifestación que reuniu en Compostela miles de persoas na defensa da lingua galega. Carlos Callón lanzou unha mensaxe de ánimo para os novos galegofalantes. “O futuro do idioma está nas mans dos que o comezan a falar, dando un paso á frente como no seu día fixeron Rosalía ou Castelao”.


Carme Castro fala con tres membros dun dos seus grupos favoritos, os eumeses Arenga, nunha entrevista que terá continuidade na próxima edición. Ainhoa Ruiz, na súa sección Dicionario Vivo, pregunta sobre o coñecemento da palabra ‘esperón’, e obtén resultados moi marcados pola idade dos entrevistados. 


As novas reporteiras Alba, Lucía e Delia estréanse no programa falando con persoas das Neves (A Capela) sobre ditos populares galegos, e Sara Rodríguez vólvenos sorprender na súa sección Galego nun click coa narración dun fermoso lipdub atopado en YouTube chamado Eu falarei, realizado nun IES de Redondela. 



Diagnóstico Positivo 1º programa 2013

Diagnóstico positivo é un programa de radio realizado por persoas que colaboran coa Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol. A Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol é unha entidade sen ánimo de lucro formada por afectados/as polo VIH, polas drogas e pola exclusión social.

Neste programa de radio falamos da inxustiza que se está a levar a cabo con David Reboredo. Falamos coa súa irmá, Olga Reboredo e co teraputa do grupo Imán de Vigo, Antón Bouzas.


As novas que comentamos foron a alarma social xenerada pola policía nacional e publicada na voz de galicia, sobre o aumento do consumo de heroína en Galicia e falamos do tratamento do VIH como prevención.




 


DIVERTIMENTO - Documentario 15 anos da Fundaçom Artábria - Rubén Artabe, canción - Espazos okupados na provincia de A Corunha

Cantos divertimentos e cantos monstros...
Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do xoves 7 de febreiro de 2013.

Dúas horas de monstrosos contúdos:
  • Audio do documentario “CENTROS SOCIAIS OKUPADOS na PROVINCIA DA CORUÑA” apresentado o 28 de decembro de 2012 no CSO Palavea de Corunha.
  • Entrevista e concerto acústico do cantautor-pop ferrolá RUBÉN ARTABE.
  • Axenda de concertos Divertimento.
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro [Rádio Filispim 93.9 FM, Ferrol. GZ].
Emisión: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) e  Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela).



Descarga aquí o programa completo con máis cualidade: Download episode

Escoita aquí a entrevista a Vitor da Fundaçom Artábria:  Ir a descargar


+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com (Etiqueta: DIVERTIMENTO).
Referencias a esta entrada noutros blogs: http://virgenciega.blogspot.com.es/2013/02/la-aventura-en-radio-filispim-continua.html

07 fevereiro, 2013

OFF MENTAL (músicas sen fronteiras) programa 45

Pierre Schaeffer no seu laboratorio de sons.
Edición nº 45 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM.

Segunda metade do Especial VIRGEN CIEGA (Héctor Perezagua). As influencias sonoras.
  • HECTOR PÉREZAGUA - BSO Purgatory (extracto música, diálogos e efectos sonoros da curtametraxe dirixida por Samuel Márquez, 2011).
  • PINK FLOYD - Several Species of Small Furry Animals Gathered Together in a Cave and Grooving with a Pict (Ummagumma. EMI, 1969).
  • PIERRE SCHAEFFER - Etude Violette (Cinq Études du Bruits, 1948).
  • PIERRE SCHAEFFER - Etude Noire (Cinq Études du Bruits, 1948).
  • TEST DEPT - Comrade Enver Hoxha (The Unacceptable Face of Freedom, 1986).
  • S.P.K. - Culturecide (Auto Da Fe. Compilatorio. Walter Ulbricht Schallfolien, 1983).
  • SAMI ABADI - Derivas Cítara (Lejos o Leve?. Huskimillia, 1998).
  • SAMI ABADI - Virgen Squatter (Lejos o Leve?. Huskimillia, 1998).
  • TRAJE DE SALIVA - Ochenta y ocho objetos (Mima. Free Records, 2000).
  • VIRGEN CIEGA - Vidas de Lobos (Vidas de Lobos. Recompilatorio, 2007-2009).
Comentarios e control técnico: Pequeno Monstro.
Selección musical: Héctor Perezagua & Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol) e Rádio Kalimera (Compostela).


Descarga o audio aquí con máis cualidade de son: Download episode

Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com (etiqueta "OFF MENTAL").

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails