Pesquisar neste blog

28 agosto, 2012

O Recuncho nº 111


Martes, 28 de agosto de 2012, de 17,30 a 18,30 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
Ate o fin de Agosto, cada martes emitimos unha grabación con novos temas ou recopilación de programas anteriores.
“O Recuncho” nº 111 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Novas e comunicados de actualidade: Mobilización “Sen Papeis” día 31; Razón socialista en Valdoviño; Acción Directa, recuperando espazos públicos...
Reemisión da entrevista ao Dr. Carlos Piñeiro sobre os recortes da Sanidade Pública.
O Espertar da Razón de José Torregrosa: Inmigración e Sanidade Pública (Progr. 70)
Os libros recomendados de Víctor Novás.
Poemas de César Vallejo e Música de Chabuca Granda

Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com

26 agosto, 2012

Música, surf, medio ambiente - Vigésimo primer programa 21.08.12





2003. EL CAMPEONATO DE LA DIGNIDAD -con mayúsculas-
Diez meses habían transcurrido desde la catástrofe del Prestige. Después de la ola negra, nuestras playas fueron inundadas por aquella inmensa OLA de SOLIDARIDAD. Por eso el Pantín Classic de ese año fue nuestro particular homenaje al voluntariado anti-Prestige y nuestra forma de mostrar al mundo que las playas de Galicia habían recuperado toda su belleza.
La francesa Emmanuelle Jolie-Thomas, en plena forma después de su maternidad, y Eric Rebiere primer francés (franco-brasileño) que se incorporaría al Top-44, subieron a lo más alto del podium. 

Audio rolda de prensa Asociación LAZOS pro-solidariedade [Ferrol, 20/08/2012]

O pasado Luns 20 de Agosto de 2012, o local de Lazos estaba ateigado de xente, representantes de máis dunha v intena de entidades querían amosar o seu apoio público á asociación Lazos Pro Solidariedade - Comité Anti-Sida de Ferrol. 

Esta entidade está atravesando moitas dificultades de supervivencia por mor dos recortes sociais das diferentes administracións entre as que están o propio Concello de Ferrol. Aínda non chegara o mediodía cando deu comezo a rolda de prensa convocada polo propio Lazos.

Despois da benvida e os agradecementos pasaron á lectura de tres comunicados, Carlos Varela, Cecilio e José Torregrosa foron as persoas encargadas de ler os comunicados, o da propia entidade convocante, o das usuarias e usuarios do centro asistencial e por último o das entidades solidarias con Lazos e a súa importante laboura contra a exclusión social, a xustiza e a saúde. 


Crónica:  http://artabra21.blogspot.com

Entre os numerosos Colectivos asinantes do apoio ao manifesto da Asociación LAZOS pro-solidariedade, se atopa o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM.

Rexistro de audio:
Susana Alaniz [Rádio FilispiM] 


Foto: Susete Ferrol.


Centos de persoas apoian ao Ateneo Ferrolán fronte a intromisión do Concello [Ferrol, 23/08/2012]

Audio que rexistra o tramo final do Festival en apoio ao Ateneo Ferrolán no palco da música do Cantón de Ferrol, o xoves 23 de agosto de 2012, logo de que o Concello de Ferrol [PP] anunciase por sorpresa este mes de agosto que a centenaria sede do Ateneo, cuxa rehabilitación está a findar, deixará de chamarse Ateneo e pasará a ser compartida con outras dúas entidades. 

Chama a atención que o manifesto que vén de publicar o Ateneo Ferrolán recolla centos de sinturas de simpatizantes, colectivos, asociacións, persoeiros da cultura galega... fronte ao ÚNICO apoio expreso da denominada SAF [Sociedad Artística Ferrolana] á decisión do Concello de Ferrol e ao seu peculiar Concelleiro de Cultura, asociación de artistas cuxo Presidente ten manifestado estar "encantada" coa proposta do Concello. 

Ao festival reivindicativo acudiron centos de persoas e participaron activamente xentes relacionadas coa música, letras, teatro e artes plásticas da nosa Comarca: O Grupo Raparigos, Eva Veiga, Grupo Zanfonas de Trasancos, Helga Méndez, María Manuela, Tonecho Varela, Guillermo Ferrándiz, Manolo Bacallau, Rubén Artabe, Luis Rapela e Suso Basterrechea. 

Reseñar que entre os centos de asistentes ao Festival en apoio ao Ateneo se atopaba algún integrante da referida SAF, o que indica que nen sequer todas as persoas socias da referida asociación aceptan a posición do seu Presidente, Ricardo Díaz-Casteleiro. Así, nos atopamos ante unha situación tremendamente peculiar, sen precendentes na vida cultura non só da nosa Comarca senón de todo o País, un capricho que pretende pasar por riba dun clarmor que SI é verdadeiramente popular, o dos centos de apoios aos ateneístas ferroláns.

O audio foi rexistrado por un dos reporteiros da radio libre e comunitaria de Ferrol-Terra, Rádio FilispiM. Corresponde aos últimos 17 minutos do mesmo.

Informou O Pequeno Monstro.




Imaxe: El Correo Gallego

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails