Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

26 agosto, 2012

Centos de persoas apoian ao Ateneo Ferrolán fronte a intromisión do Concello [Ferrol, 23/08/2012]

Audio que rexistra o tramo final do Festival en apoio ao Ateneo Ferrolán no palco da música do Cantón de Ferrol, o xoves 23 de agosto de 2012, logo de que o Concello de Ferrol [PP] anunciase por sorpresa este mes de agosto que a centenaria sede do Ateneo, cuxa rehabilitación está a findar, deixará de chamarse Ateneo e pasará a ser compartida con outras dúas entidades. 

Chama a atención que o manifesto que vén de publicar o Ateneo Ferrolán recolla centos de sinturas de simpatizantes, colectivos, asociacións, persoeiros da cultura galega... fronte ao ÚNICO apoio expreso da denominada SAF [Sociedad Artística Ferrolana] á decisión do Concello de Ferrol e ao seu peculiar Concelleiro de Cultura, asociación de artistas cuxo Presidente ten manifestado estar "encantada" coa proposta do Concello. 

Ao festival reivindicativo acudiron centos de persoas e participaron activamente xentes relacionadas coa música, letras, teatro e artes plásticas da nosa Comarca: O Grupo Raparigos, Eva Veiga, Grupo Zanfonas de Trasancos, Helga Méndez, María Manuela, Tonecho Varela, Guillermo Ferrándiz, Manolo Bacallau, Rubén Artabe, Luis Rapela e Suso Basterrechea. 

Reseñar que entre os centos de asistentes ao Festival en apoio ao Ateneo se atopaba algún integrante da referida SAF, o que indica que nen sequer todas as persoas socias da referida asociación aceptan a posición do seu Presidente, Ricardo Díaz-Casteleiro. Así, nos atopamos ante unha situación tremendamente peculiar, sen precendentes na vida cultura non só da nosa Comarca senón de todo o País, un capricho que pretende pasar por riba dun clarmor que SI é verdadeiramente popular, o dos centos de apoios aos ateneístas ferroláns.

O audio foi rexistrado por un dos reporteiros da radio libre e comunitaria de Ferrol-Terra, Rádio FilispiM. Corresponde aos últimos 17 minutos do mesmo.

Informou O Pequeno Monstro.




Imaxe: El Correo Gallego

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails