Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

26 agosto, 2012

Audio rolda de prensa Asociación LAZOS pro-solidariedade [Ferrol, 20/08/2012]

O pasado Luns 20 de Agosto de 2012, o local de Lazos estaba ateigado de xente, representantes de máis dunha v intena de entidades querían amosar o seu apoio público á asociación Lazos Pro Solidariedade - Comité Anti-Sida de Ferrol. 

Esta entidade está atravesando moitas dificultades de supervivencia por mor dos recortes sociais das diferentes administracións entre as que están o propio Concello de Ferrol. Aínda non chegara o mediodía cando deu comezo a rolda de prensa convocada polo propio Lazos.

Despois da benvida e os agradecementos pasaron á lectura de tres comunicados, Carlos Varela, Cecilio e José Torregrosa foron as persoas encargadas de ler os comunicados, o da propia entidade convocante, o das usuarias e usuarios do centro asistencial e por último o das entidades solidarias con Lazos e a súa importante laboura contra a exclusión social, a xustiza e a saúde. 


Crónica:  http://artabra21.blogspot.com

Entre os numerosos Colectivos asinantes do apoio ao manifesto da Asociación LAZOS pro-solidariedade, se atopa o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM.

Rexistro de audio:
Susana Alaniz [Rádio FilispiM] 


Foto: Susete Ferrol.


Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails