Pesquisar neste blog

26 agosto, 2012

Audio rolda de prensa Asociación LAZOS pro-solidariedade [Ferrol, 20/08/2012]

O pasado Luns 20 de Agosto de 2012, o local de Lazos estaba ateigado de xente, representantes de máis dunha v intena de entidades querían amosar o seu apoio público á asociación Lazos Pro Solidariedade - Comité Anti-Sida de Ferrol. 

Esta entidade está atravesando moitas dificultades de supervivencia por mor dos recortes sociais das diferentes administracións entre as que están o propio Concello de Ferrol. Aínda non chegara o mediodía cando deu comezo a rolda de prensa convocada polo propio Lazos.

Despois da benvida e os agradecementos pasaron á lectura de tres comunicados, Carlos Varela, Cecilio e José Torregrosa foron as persoas encargadas de ler os comunicados, o da propia entidade convocante, o das usuarias e usuarios do centro asistencial e por último o das entidades solidarias con Lazos e a súa importante laboura contra a exclusión social, a xustiza e a saúde. 


Crónica:  http://artabra21.blogspot.com

Entre os numerosos Colectivos asinantes do apoio ao manifesto da Asociación LAZOS pro-solidariedade, se atopa o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM.

Rexistro de audio:
Susana Alaniz [Rádio FilispiM] 


Foto: Susete Ferrol.


Centos de persoas apoian ao Ateneo Ferrolán fronte a intromisión do Concello [Ferrol, 23/08/2012]

Audio que rexistra o tramo final do Festival en apoio ao Ateneo Ferrolán no palco da música do Cantón de Ferrol, o xoves 23 de agosto de 2012, logo de que o Concello de Ferrol [PP] anunciase por sorpresa este mes de agosto que a centenaria sede do Ateneo, cuxa rehabilitación está a findar, deixará de chamarse Ateneo e pasará a ser compartida con outras dúas entidades. 

Chama a atención que o manifesto que vén de publicar o Ateneo Ferrolán recolla centos de sinturas de simpatizantes, colectivos, asociacións, persoeiros da cultura galega... fronte ao ÚNICO apoio expreso da denominada SAF [Sociedad Artística Ferrolana] á decisión do Concello de Ferrol e ao seu peculiar Concelleiro de Cultura, asociación de artistas cuxo Presidente ten manifestado estar "encantada" coa proposta do Concello. 

Ao festival reivindicativo acudiron centos de persoas e participaron activamente xentes relacionadas coa música, letras, teatro e artes plásticas da nosa Comarca: O Grupo Raparigos, Eva Veiga, Grupo Zanfonas de Trasancos, Helga Méndez, María Manuela, Tonecho Varela, Guillermo Ferrándiz, Manolo Bacallau, Rubén Artabe, Luis Rapela e Suso Basterrechea. 

Reseñar que entre os centos de asistentes ao Festival en apoio ao Ateneo se atopaba algún integrante da referida SAF, o que indica que nen sequer todas as persoas socias da referida asociación aceptan a posición do seu Presidente, Ricardo Díaz-Casteleiro. Así, nos atopamos ante unha situación tremendamente peculiar, sen precendentes na vida cultura non só da nosa Comarca senón de todo o País, un capricho que pretende pasar por riba dun clarmor que SI é verdadeiramente popular, o dos centos de apoios aos ateneístas ferroláns.

O audio foi rexistrado por un dos reporteiros da radio libre e comunitaria de Ferrol-Terra, Rádio FilispiM. Corresponde aos últimos 17 minutos do mesmo.

Informou O Pequeno Monstro.




Imaxe: El Correo Gallego

25 agosto, 2012

Acción reivindicativa de CUAC FM ante o "reparto" de frecuencias en FM da Xunta de Galicia

Informa CUAC FM, radio comunitaria de A Coruña:

¿Cal é a situación?

A Xunta de Galicia convocou o 30 de xullo —vaia data—, o concurso de licenzas para a FM (bases completas en http://medios.xunta.es) co que vai repartir todas as frecuencias de FM que pode, excluíndo explícitamente que esas licenzas podan destiñarse a Servizos Comunitarios de Comunicación Audiovisual Radiofónica sen ánimo de lucro —Radios Comunitarias— (base primeira das bases do concurso, segundo parágrafo).
Consideramos que ista decisión é arbitraria, xa que non se xustifica na convocatoria. E ademáis segundo o noso criterio, conculca a legalidade vixente, imposibilitando o seu cumprimento actual, coma di a Ley General de Comunicación Audiovisual 7/2010:

CAPÍTULO I. LOS DERECHOS DEL PÚBLICO.
Artículo 4.
 El derecho a recibir una comunicación audiovisual plural.
1. Todas las personas tienen el derecho a que la comunicación audiovisual se preste a través de una pluralidad de medios, tanto públicos, comerciales como comunitarios que reflejen el pluralismo ideológico, político y cultural de la sociedad. Además, todas las personas tienen el derecho a que la comunicación audiovisual se preste a través de una diversidad de fuentes y de contenidos y a la existencia de diferentes ámbitos de cobertura, acordes con la organización territorial del Estado. Esta prestación plural debe asegurar una comunicación audiovisual cuya programación incluya distintos géneros y atienda a los diversos intereses de la sociedad, especialmente cuando se realice a través de prestadores de titularidad pública.

Entendemos que ademáis, apraza de xeito indefinido o exercicio dun dereito fundamental: o dereito a comunicar:

Constitución Española:
Artículo 20. Se reconocen y protegen los derechos:
a) A expresar y difundir libremente los pensamientos, ideas y opiniones mediante la palabra, el escrito o cualquier otro medio de reproducción.
d) A comunicar o recibir libremente información veraz por cualquier medio de difusión. La Ley regulará el derecho a la cláusula de conciencia y al secreto profesional en el ejercicio de estas libertades.
Xa que a Xunta non ten capacidade para sacar a concurso máis licenzas (non lle quedan) depende de que o Goberno central faga una nova planificación, con data indeterminada.
Cuac FM fundouse no ano 1996 e a primeira cousa que fixo foi solicitar da Xunta de Galicia unha licenza de FM de caracter cultural, dacordo ca legalidade vixente daquela. A Xunta remitiunos, coma agora, a un futuro Plan Técnico, que o estado emitiu ¡no 2006! e que deu á Xunta as licenzas que agora, ¡¡no 2012!!, saca a concurso excluíndo do seu ámbito aos medios comunitarios.

As leis vixentes son outras na actualidade, e máis favorables, pero a actuación da administración segue a ser a mesma: obvia ós medios comunitarios.
Nós pensamos que isto é un erro, e que ademáis vai contra a lei, e por iso [...]
     
    Texto completo en: http://cuacfm.org/licenzafm/

Video campaña informativa:



CUAC FM goteo.org - GALEGO 

Audio completo rolda prensa CUAC FM [22/08/2012]:
Ir a descargar

Máis info en: 
- Cuac FM
- Radio Klara [Valencia] 
- Radio Malva [Valencia]
- Xornalistas.org
- Galicia Confidencial
- Praza Pública 
- La Opinión 
- El Ideal Gallego
- Legislaciones.item
- El País
- Emisoras Comunitarias
[...]

22 agosto, 2012

O Recuncho nº 110


Martes, 21 de agosto de 2012, de 17,30 a 18,30 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
Ate o fin de Agosto, cada martes emitimos unha grabación con novos temas ou recopilación de programas anteriores.
“O Recuncho” nº 110 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Escoitaremos novas e comunicados de actualidade (Exposición de Víctor G. Novás, Rolda de Prensa de Lazos Pro Solidariedade, Accións de Recuperación de Espazos Públicos, Actos da Memoria en mañón, etc.) e tamén algún tema do programa nº 78 do pasado xaneiro, con música de Nolwen Leroy, poesía do chileno Vicente Huidobro, os libros de Víctor Novás e unha entrevista a Eliseo Zaera e Ramon Veloso, daquela Presidentes salinte e entrante do Ateneo Ferrolán, que nestes momentos que pretenden facer difíciles ao Ateneo, poden resultar de interese.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails