Pesquisar neste blog

23 outubro, 2010

Leña Dura D.F.

Novo programa en FilispiM, nesta ocasión, tres amigos que
se xuntan para pinchar estilos na liña do metal. A tralla, un tanto esquecida na radio, ábrese camiño agora nas ondas libres; nun programa que poderedes escoitar en directo os mércores de 21:00 a 22:00



Descargar o audio

O Recuncho nº 31


Este sábado 23 de Outubro, en Radio Filispim (93.9 fm),de 11 a 13 horas, comezo da nova tempada de O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.

Programa nº 31

Contidos do programa:

-Coma de cotiá, José Torregrosa coa súa sección , “O Despertar da razón”, Falaranos da figura de XOSÉ LOUREIRO LUGRÍS.

- Falaremos telefónicamente con Juan Torres , catedrático de economía aplicada na universidade de Sevilla e membro de ATACC, o cal tivemos na nosa cidade, esta semana, convidado por Fuco Buxán.

- Na sección poética falaremos e escoitaremos poemas de Nicolás Guillen, esta vez, e espero que nos seguintes programas, en directo. O recitado por parte de Fernando Ocampo e de Lorena Calaza ,compañeira do grupo Bartoleta Teatro

- No estudo de Radio Filispim, acompañarannos César Fraga, secretario comarca de UXT, Xesus Anxo López Pintos, secretario comarcal da Ciga e Rafael Pillado, vicepresidente de Fuco Buxán os cales analizarán a folga xeral.


Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.


Descargar o audio

Programa do Colectivo 22 de Outubro de 2010

Por causas alheas ao programa, a entrevista que tinhamos preparada para este programa, nom puido realizar-se, assim que foi um programa no que improvisamos bastante ;)

Aos mandos técnicos estaba estrenándose Pablo de Sin Fronteras, que o mércores iniciaram a súa andaina em Rádio Filispim, também estaba Diego Discontinuidade, que despois de moito tempo voltou, por um dia, a falar polos micros de Rádio FilispiM.

Falamos da Emigraçom, da SGAE, de Ecologia, comentamos umha pequena agenda e pinchamos algo de música, um programa completo!!!

Descargar o audio

22 outubro, 2010

Atenta! Programa nº 2 [19-10-2010]

Neste programa nº 2 falamos das seguintes cousas:
Do concepto de radio libre a raiz dunhas criticas que nos fixeron por que desde Atenta lle dimos un suspenso a Radio Kalimera polos seus informativos.
Fixemos unha cronica do que aconteceu en Vigo este domingo 17 de Outubro no III Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.
Falamos dun artigo sobre un conflicto tan manipulado como é o do asunto do carbón e as centrais térmicas atopado na web Artabra21
Falamos da pelicula "Cinzas no ceo" que trata sobre a contaminación das centrais térmicas.
Lembramos o Magosto en memoria de Anita, que terá lugar o 24 de outubro no Galicia de Caranza.
Fixemos o Camiño a Teo.
O día 6 de novembro chega o Papa a Compostela. Unha visita que durará exatamente 7 horas e 45 minutos e que custará ao erário público 4 millóns de Euros. Se queres fuxir da cidade e non sabes a onde, Sei o que nos Figestes e komunikando.net convidante a facer “O camiño a Teo”.
Fixemos uns ovos de San Xosé.
E falamos da primeira pelicula porno en galego e baixo licencia Cretive Commons "O divino ferrete".
Escoitamos a:
A Matraca Pervesa con seu tema "Mass Circus Mass Media"
E escoitamos o "Watercumbia" de Lamatumba interpretada pola primeira formación deste grupo




Descargar o audio

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]