Pesquisar neste blog

13 outubro, 2025

Informativos da FilispiM, 13/10/2025

 

Informativo semanal da Rádio FilispiM, 13/10/2025

Sumario:

  • Presentación do libro “O Encontro” de David Blanco e Catalina Rodríguez (Ed. Libros del Océano). Venres 17 de outubro, no Museo da Sociedade Galega de Historia Natural, Ferrol.

  • Participación do alumnado do Campus Industrial de Ferrol (UDC) no “Barcelona Game Fest”. Por Joaquín, dende Campus Ferrol.

  • A Piruchela, novo local social en Neda. Informa Ana fabaloba

  • Novas actividades da A. C. Memoria Histórica Democrática. Por Fernando Ocampo.

  • Preguntas ao goberno máis progre…”. Edu Comochoconto.

  • Anita Kpasa e Lobish8, desde Finca Dopico, presentan “Don Dinero”. Reportaxe de Ana fabaloba  e pequenomonstro.

  • Helga Méndez do colectivo “Ferrol Con Palestina” fálanos das accións que teñen preparadas para esta semana. Info elaborada por pequenomonstro.

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!


09 outubro, 2025

Fala a Resistência

Palestra "Fala a Resistência", a cargo de Fayez Badawi (Frente Popular para a Libertação da Palestina) no Centro Social Artábria no dia 08 de outubro de 2025.
Conduce: Bruno Lopes Teixeiro.



07 outubro, 2025

Infomativos semanais da FilispiM (6/10/2025)

 

Informativos semanais da FilispiM, 6 de outubro de 2025.

  • A radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, Radio FilispiM, vese obrigada a marchar do punto de dial no que viña emitindo desde hai 19 anos. Conta o que está a pasar Ana fabaloba.
  • Perante a nova ordenanza de ruídos do Concello de Ferrol a música galega berra ben forte: a cultura non é ruído (Antonio).
  • Actividades da Asociación de Memoria Histórica Democrática (Fer).
  • Proxeccion do documental “O segredo da Frouxeira” (Fer).
  • Rádio FilispiM cubriu a manifestación nacional por Palestina en Compostela (Lupe).
  • Radio Raposeira no Burla Verde. Entrevista a Paloma, compa envolvida na loita contra a mina de lítio en Covas do Barroso-Pt (Edu).
  • Na “Máquina do tempo Filispiniana” afondamos na histórica luita de Ferrolterra contra a Pranta de Gas de Reganosa, co gallo da apertura en maio de 2025 dunha nova causa administrativa contra o entramado (André).

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]