Pesquisar neste blog

29 maio, 2021

SÁBADOS NO CRUCEIRO - PROGRAMA 16

 

Falamos con Rocío Rodríguez Padín presentadora do programa Luar da Televisión de Galicia

Conversamos con Félix Puime. economista, sobre os fondos de recuperación da UE

Celia Fernández achéganos as novidades de cine. Neste caso falamos de cine clásico.

Os estudantes da Facultade de Economía da Universiade da Coruña achégannos conceptos económicos no Pregúntanos a Nós.

Rematamos coa música de Vizcaíno que o dia 20 de Xuño estará en Ferrol






26 maio, 2021

Programa nº 52 ( 13-5-21)

 


A Xanela   aborda o dia   das letras galegas  adicado a   Xela  Arias .O 17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada en 1963 pola Real Academia Galega (RAG) para honrar un autor ou autora polo seu labor de defensa e promocion do idioma e cultura de noso.

Neste 2021, a RAG, tomou o acordo de lle render tributo e dedicarlle o Día das Letras Galegas a Xela Arias Castaño (Sarria, 1962 - Vigo, 2003), “unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía en temas, estilo e forma” da que a institución subliña “o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora”. Celebramos, pois, unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, autora dunha escrita singular, transgresora, sincera e comprometida. Homenaxeamos unha muller, a quinta anfitrioa do Día das Letras Galegas nos 58 anos desta celebración, despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2018).

A traxectoria de Xela Arias bebe directamente do devir cultural galego dos anos 80 e 90, como poeta, como tradutora, como activista social, como profesional no ámbito da edición. A cidade de Vigo acóllea desde os sete anos e é testemuña das primeiras publicacións en xornais e revistas, da súa participación en recitáis poéticos e do seu activismo cultural. Alí traballa en Edicións Xerais de Galicia, licénciase nas filoloxías Hispánica e Galego-Portuguesa e exerce a docencia en distintos institutos da comarca. Morre subitamente 2003 ocasionando unha fonda conmoción no mundo cultural, que lle redendeu numerosas homenaxes, como a organizada na Cidade Olívica pola Asociación Galega de Editores (AGE), a Asociación de Tradutores Galegos (ATG) e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

 Como poeta, anticipou nos anos oitenta moitos temas e características formais da lírica galega da década seguinte. Atreveuse a explorar o diálogo entre a poesía e a fotografía ou a música e procurou novos espazos para elas en recitais, festivais e outras intervencións. A súa é unha poesía urbana, que rompe formalmente co código poético, cunha dimensión social e precursora da escritura de xénero.

Recordamos    a sua frase: "Nos decidimos que facemos  coas nosas vidas, ainda  que moitas veces pensamos que non.

 

Fucas que participan en directo:   Chelo Carballal Balsa,      Ana Belén López Verez,  Eva  Tizon Bouza

Audios :  Diversos   audios  relativos  a   Xela Arias. .  

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;     Intempériateme  ( A Banda da Loba)

 

 

 

 

 

Jardim à beira mar plantado - Bugalhos

 O programa de hoje está dedicado ao grupo Bugalhos. Vamos estar à conversa com 3 dos 4 elementos deste grupo do Porto para falar, entre outras coisas, do seu disco de estreia "Alvorário", lançado no passado mês de Março no dia do equinócio. Os Bugalhos nasceram no Porto em 2015 e a sua música  evidencia uma forte conexão com a Natureza, com a poesia e os mais variados elementos da música tradicional.

Página da banda:
https://bugalhos.bandcamp.com/

"Jardim à beira mar plantado" é um programa de música portuguesa na Rádio Filispim conduzido por Jorge Mirancos
                                                       Foto e montagem @ Catarina Santos


Lista de temas:
01- Alba
02- De não saber o que me espera
03- Verdade
04- Canção nº6
05- Marinheiro
06- Água
07- Páxaro
08- 11
09- Mão

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]