Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

26 maio, 2021

Programa nº 52 ( 13-5-21)

 


A Xanela   aborda o dia   das letras galegas  adicado a   Xela  Arias .O 17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada en 1963 pola Real Academia Galega (RAG) para honrar un autor ou autora polo seu labor de defensa e promocion do idioma e cultura de noso.

Neste 2021, a RAG, tomou o acordo de lle render tributo e dedicarlle o Día das Letras Galegas a Xela Arias Castaño (Sarria, 1962 - Vigo, 2003), “unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía en temas, estilo e forma” da que a institución subliña “o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora”. Celebramos, pois, unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, autora dunha escrita singular, transgresora, sincera e comprometida. Homenaxeamos unha muller, a quinta anfitrioa do Día das Letras Galegas nos 58 anos desta celebración, despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2018).

A traxectoria de Xela Arias bebe directamente do devir cultural galego dos anos 80 e 90, como poeta, como tradutora, como activista social, como profesional no ámbito da edición. A cidade de Vigo acóllea desde os sete anos e é testemuña das primeiras publicacións en xornais e revistas, da súa participación en recitáis poéticos e do seu activismo cultural. Alí traballa en Edicións Xerais de Galicia, licénciase nas filoloxías Hispánica e Galego-Portuguesa e exerce a docencia en distintos institutos da comarca. Morre subitamente 2003 ocasionando unha fonda conmoción no mundo cultural, que lle redendeu numerosas homenaxes, como a organizada na Cidade Olívica pola Asociación Galega de Editores (AGE), a Asociación de Tradutores Galegos (ATG) e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

 Como poeta, anticipou nos anos oitenta moitos temas e características formais da lírica galega da década seguinte. Atreveuse a explorar o diálogo entre a poesía e a fotografía ou a música e procurou novos espazos para elas en recitais, festivais e outras intervencións. A súa é unha poesía urbana, que rompe formalmente co código poético, cunha dimensión social e precursora da escritura de xénero.

Recordamos    a sua frase: "Nos decidimos que facemos  coas nosas vidas, ainda  que moitas veces pensamos que non.

 

Fucas que participan en directo:   Chelo Carballal Balsa,      Ana Belén López Verez,  Eva  Tizon Bouza

Audios :  Diversos   audios  relativos  a   Xela Arias. .  

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;     Intempériateme  ( A Banda da Loba)

 

 

 

 

 

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails