Manu e Milo (Milómanos) e banner de programa Planeta Furancho (Vituco Neira) |
Edición do venres 5 de xuño na Rádio Filispim, 93.9 FM, de DIVERTIMENTO para pequenos monstros...
CONTIDOS:
- Na primeira hora do acudiron ao estudio da FilispiM, os integrantes da banda ferrolá MILÓMANOS, Milo e Manu, que co seu pop acústico e incisivo, conversaron e perpetraron pezas da súa primeira maqueta e algunha que outra sorpresa ao vivo...
- Na segunda hora, especial PLANETA FURANCHO, con conexións con Leonardo Fernández Campos (LEO ARREMECÁGHONA) e Xose Anton BOCIXA (ZENZAR), que nos falaron da campaña en apoio a continuidade de emisións na radio publica galega (Radio Galega Música) de Planeta Furancho, programa que até o pasado venres 29 de maio conducía Vituco Neira. Sumarémonos a campaña difundindo este novo episodio de "auto-odio" (á cultura propia do país) nos medios públicos de Galicia.
Apresentan e conducen: Ana Lucecú o Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio Kalimera, 107.9 e Rádio FilispiM, 93.9 FM, radios libres (GZ).
Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.