Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

12 janeiro, 2015

Cultura en Ferrol. Audacia fronte mezquindade.




Germán Coppini deu un concerto no Teatro Jofre de Ferrol o pasado sábado 18 de abril de 2009, xunto a Comando Delta,  que vén de ser publicado en CD e vinilo, baixo o título de "Semper Audax" (Lemuria Discos) no que Coppini xunto a unha sección da Orquestra OMEGa (Orquestra de Música Espontánea de Galicia) repasa temas de Golpes Bajos, baixo un prisma novidoso onde a espontaneidade é a protagonista. Desafortunadamente, Coppini, faleceu o pasado decembro de 2013; vén de cumprirse un ano do seu pasamento.

Froito das circunstancias, si, mais o certo é que houbo un tempo non moi lonxano en que a programación cultural en Ferrol foi audaz e adiantouse ao futuro con formatos novidosos. Iso é facer cultura, apostar, sorprender. O produto daquel "atrevemento" poderá ser disfrutado hoxe en calquer parte do mundo, coa marca Ferrol por diante.

Paradoxo do presente, a actividade promotora que deu vida a aquela iniciativa, a Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol, non conta con apoio algún do actual grupo de goberno do PP na cidade, máis ben cunha chea de atrancos. Según verbas dun dos seus promotores, o profesor Guillermo Ferrández, na última das súas edicións, a sétima, en abril de 2014, "Xa non é que desde o departamento de Cultura do Concello de Ferrol, non nos dean axudas, senón que, directamente, nos negan poder actuar en espazos públicos coma os mercados, Ferrol Vello e a praza de Canido. Fixemos a solicitude en tempo e forma e denegóusenos. Se a sétima edición da Semana da Poexía Salvaxe celebrouse foi grazas a veciñanza. A actitude do Concello é sorprendente, máxime cando parece que nos pón paos nas rodas".

Non esquecemos a notoria persecución de carácter político ao Ateneo Ferrolán, que estivo en serias dificultades por mór dunhas obras contratadas e dirixidas desde o Concello. Actualmente, grazas ao bon facer da súa directiva e soci@s, afronta as difucultades con audacia sen deixar de ofertar Cultura con maiusculas, que volve situar a Ferrol no mapa por razóns de novo extraordinarias, coma aconteceu na organización do Congreso adicado a centenaria figura de Hildegart Rodríguez Carballeira, celebrado no mes de decembro de 2014 na súa sede da rúa Madalena. O certo é que o titular de cultura do Concello de Ferrol, Manuel Reyes García-Hurtado, non acudiu a ningunha das numerosas ponencias das Xornadas. Lembramos que o Ateneo Ferrolán, coma institución privada centenaria, é patrimonio cultural de tod@s @s ferroláns, incluidos eles.

En resumidas contas, audacia fronte mezquindade.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol, Rádio FilispiM.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails