Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador ferrolás. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador ferrolás. Mostrar todas as postagens

03 setembro, 2015

O cadro de persoal do Diario de Ferrol mobilízase contra do desmantelamento do xornal na cidade.



O cadro de persoal do Diario de Ferrol retoma as mobilizacións logo do despedimento de dúas das xornalistas máis veteranas da cabeceira ferrolá e dun novo despedimento, desta vez de El Ideal Gallego, todas elas pertencentes ao grupo La Capital. O paro, de carácter indefinido, cun primeiro tramo de corenta e oito horas, comezou ontes mércores 2 de setembro. O persoal demanda un plan de viabilidade que garanta os postos de traballo, a readmisión d@s despedid@s, así como o aboo dos salarios adebedados até hoxe e a súa normalización mensual. 

A xornada de mobilización de onte 2 de setembro constatou o apoio da cidadanía ao cadro de persoal do Diario de Ferrol, así como á continuidade deste xornal, coa asistencia dunha grande cantidade de persoas que, a título individual ou en nome de diversos colectivos, acudiron á concentración as portas da sede do Diario, na rúa Galiano, e despois partiron en manifestación até a praza José Couso onde un representate dos traballadores leu o comunicado.

Dende o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, expresamos a nosa solidaridade co cadro de persoal do Diario de Ferrol, así como a continuidade normalizada dunha cabeceira tan necesaria, que garanta a pluralidade informativa e a información local.

No audio, rexistrado polos informativos de Rádio FilispiM, ouvimos o comunicado final desa mobilización lido por Nicolás Vidal, en representación do cadro de persoal do Diario de Ferrol. 

Informou o Pequeno Monstro para os Informativos locais de Rádio FilispiM.

Galería de imaxes: imaxes Rádio FilispiM

04 outubro, 2014

Divertimento para pequenos monstros - 03/10/2014

Este programa, basicamente, é un aparato de gostosa tortura...

Venres 3 de outubro de 2014, na Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM, dúas horas de radio, dúas horas de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.
Contidos:
  • Presentación e Axenda Divertimento. 
  • Especial "Radio-psicografía d@s ferrolás". *
(*) No estudio:
- Ana Fernández. Vasca, residente en Ferrol. No pasado residíu en Lugo, Coruña e Vigo.
- Miguel Castro. Ferrolán, vive en Ferrol. No pasado viviu en Lugo e A Coruña.
- Carmen Loureiro. Ferrolá, vive en Ferrol. No pasado residiu nas Illes Balears, Muxia e Irixoa.
- Macarena Soto. Chilena, residente en Ferrol, no pasado viviu en Compostela.
- Tania Vila. Luguesa, reside en Ferrol.
- Ánxela Martínez. Mugardesa, vive en Ferrol. No pasado residiu en Pontevedra, Compostela, Lugo, Arzúa, Miño, Baiona, Mondoñedo...
- Antía Cortíças. Ferrolá, de procedencia extraterrestre. Reside en Ferrol.
- Carlos de Francisco, psicólogo.

Conducen: Pequeno Monstro e Ana Lucecú.
Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com
                              Nota: este especial foi producido coa colaboración de tod@s as persoas interviñentes.
Related Posts with Thumbnails