1º de maio alternativo en Ferrol, este venres ás 18:00 no Cantón (Ferrol).
As Marchas da Dignidade e o Sindicato de Oficios varios da CNT, convocan en conxunto unha manifestación en Ferrol o vindeiro 1º de Maio de 2015 as 6 da tarde con saída do Cantón en Ferrol.
Ao igual que noutros puntos do Estado español, as Marchas da Dignidade suman forzas ao sindicalismo alternativo co obxecto de crear as condicións para unha mobilización de carácter estatal e xeral, unha folga laboral, social e de consumo para o vindeiro 22 de outubro de 2015. Con esta mobilización tentarán denunciar un cambio de modelo social, que actualmente condea a maioría da poboazón a vivir na precariedade e na falta total de expectativas.
En diversas cidades do Estado español son 10 as organizacións que convocan esta mobilización xunto a todos os colectivos sociais e organizacións que conforman as Marchas da Dignidade, baixo o lema “Polo reparto dos traballos e a riqueza: camiñando cara a Folga Xeral”. Sen esquecer a principal consigna da loita das Marchas dende o 22 de marzo de 2014: " Pan, traballo, teito e dignidade".
Segundo os colectivos e sindicatos organizadores “para que toda a poboazón síntase convocada e partícipe da Folga Xeral do vindeiro 22 de outubro de 2015, esta debe plantexarse da forma máis imaxinativa posíbel, tratando de recoller a realidade social que está a mudar”, por iso queren involucrar a toda a sociedade dende xa.
A cita para participar no primeiro de maio alternativo en Ferrol, é o venres 1 de maio as 6 da tarde, con saída do Cantón. Na nosa cidade organizan: as Marchas da Dignidade de Ferrolterra e o Sindicato de Oficios Varios da CNT.
O Pequeno Monstro para os informativos locais da libre e comunitaria de Ferrol.
Montaxe sonora, mobilización Marchas da Dignidade:
galizacontrainfo
Nenhum comentário:
Postar um comentário