Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

22 outubro, 2013

Novas Locais. Comunicado da sección sindical da CNT no Ateneo ante impagos de nóminas e seguridade social do cadro de persoal.


No transcurso do programa especial "FilispiM vai ... ao Ateneo Ferrolán", do pasado venres 18 de outubro de 2013, chegou a nosa redacción un comunicado da sección sindical da CNT no Ateneo, donde se denuncia o impago de nóminas e débedas a seguridade social relativas ao cadro de persoal, dos que se responsabiliza a actual directiva do Ateneo. Transcribimos de seguido o comunicado completo en texto e audio:

"A Sección Sindical da CNT no Ateneo Ferrolán quere denunciar publicamente que nos últimos 10 meses a entidade endebeda 3 nóminas e media aos/as traballadores/as e ten pendente o pagamento de varias cotas dos seguros sociais. A complicada situación económica da entidade non impide que se fixeran outros pagos aprazables ou prescindibles, en troques de priorizar o pagamento das nóminas e os seguros sociais do cadro de persoal.

Sorpréndenos enormemente as declaracións nos medios de comunicación de Rosa Méndez (secretaria do Ateneo) e de Ramón Veloso (presidente) nas que declaran sentirse satisfeitos pola xestión levada a cabo nos case que dous anos na Xunta Directiva, pois foi precisamente neste período cando a situación laboral das traballadoras e traballadores empeorou notablemente.

A Sección Sindical da CNT no Ateneo Ferrolán considera nefasta a xestión por parte de todos os membros desta Xunta Directiva e unha deixadez nas súas funcións."

Sección Sindical CNT no Ateneo Ferrolán

18 de outubro de 2013

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails