No caso de Ferrol a manifestación partiu ás 6 da tarde do Cantón e rematou, logo dun longo percorrido por diversos bairros da cidade, na Praza 10 de Marzal, ao pé da estatua en homenaxe aos obreiros abatidos por disparos da policia, de Amador e Daniel, un 10 de marzo de 1972.
Os informativos da Rádio FilispiM seguimos o descorrer da manifestación dende o Cantón até o Praza 10 de Marzo, e realizamos unha pequeña reportaxe sonora coas voces das pesoas participantes, dos colectivos organizadores e finalmente, ao pé ao monumento a Amador e Daniel, recollimos o son do comunicado final confeccionado e lido en conxunto por integrantes das Marchas de Dignidade e dos sindicatos alternativos convocantes a nível de Galiza.
Posteriormente houbo un espazo de micros abertos para quen quixer participar donde ouvíronse diversas voces, coma a dun traballador das contratas de Telefónica que denunciou a ocultación por parte dos medios de comunicación de masas, da folga indefinida que están a levar adiante, pola readmisión dos despedidos e demandando un emprego con dereitos e non esclavo. Para finalizar outras persoas dos colectivos convocantes en Ferrol, Marchas da Dignidade e CNT, tomaron a palabra e fixeron pequeñas alocucións.
O Pequeno Monstro para os informativos da libre e comunitaria de Ferrol.
Nenhum comentário:
Postar um comentário