Samede é unha aldea
da parroquia de San Xulián de Vigo, no concello de Paderne. Nos anos sesenta do
pasado século deixouse de celebrar un entroido tradicional no que participaban
figuras tan singulares como o Policarpio, as máscaras ou os vixigueiros. Un
tipo especial de danza, a muiñeira cruzada, era específico dese lugar e desas
datas. Hai cinco anos unha veciña da parroquia, Emi Cagiao, que por idade non coñecera o Entroido, e outras persoas
que participaran nas derradeiras celebracións na súa
mocidade, emprenderon a tarefa de recuperar a tradición entroideira. Hoxe é
unha das celebracións máis singulares do País. Xunto cos Xenerais da Ulla, o
entroido tradicional de Samede é o máis representativo da provincia de A
Coruña. Un luxo ao noso alcance, na nosa bisbarra.
No programa de hoxe
entrevistamos a Emi e a José Antonio Cagiao no noso estudio de gravación de Paderne.
Nenhum comentário:
Postar um comentário